Arquivo para Maio 2013

Dez preguntas para Ángela Fernández Martínez_etóloga de Rof Codina

1.Cando tiveches o teu primeiro can?

Creo que tiña uns 4 anos…puf!!! xa choveu!

2. Cal é a túa 1ª regra ou consello para educar a un can? e ti, ¿ Como educas ó teu can?

Ante todo ser consistente. É dicir actuar sempre da mesma forma ante as condutas do animal. É a mellor forma de evitar malos entendidos e ansiedades . Ademais traballar moito con el e reforzar as condutas que nos interesan (sempre educando en positivo, claro!).

3. Que opinas da prohibición de levar os cans ceibos?

Paréceme moi adecuada e coido que é unha moi boa forma de evitar accidentes. Aínda que os nosos cans sexan moi educados e moi boíños temos que pensar que se poden achegar a xente que lles pode ter medo e isto non é bo. Por outra parte hai cans que aínda que vaian presos poden reaccionar de forma agresiva con cans ceibos dando lugar a malas experiencias polos dous bandos. E por último, os nosos cans, por moi educados que estean, pódense asustar nun determinado momento e saltar sen querer a estrada e provocar un desastre.

4. Que che parecen programas de TV coma “El encantador de perros”?

Ler o resto desta entrada »

, ,

Deixar un comentario

Saída a Boqueixón

BoqueixonBos días a todos!

Esta semana comeza cunha boa nova, o próximo domingo día 2 organizamos unha nova saída do Club de cans de familia Só lles falta falar!
 
O destino deste fin de semana será Boqueixón, ben preto de Santiago así que agardamos que todo o mundo se apunte que é un lugar bastante céntrico para os socios que temos repartidos por toda Galicia.

Sen máis aquí vai a información da ruta:
O punto de partida desta ruta circular de aproximadamente 10 Km será o merendeiro en Subcira (ó lado do Ulla). Durante o paseo poderemos ver as pontes sobre o río Ulla e algunha que outra fervenza.

Agardámosvos a todos en esta agradable saída.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 31 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , ,

11 Comentarios

Saída Ruta da Boutureira

rbouO día 19 irémonos cara o interior. O lugar elixido é Ourense. A ruta da Boutureira no Concello de San Cibrao das Viñas.

O recorrido será de uns 8 Km con dificultade media-baixa. Será de ida e volta por pistas e sendeiros de monte, carballeiras…

Agora xa non hai excusa polo mal tempo, así que, contamos contigo para darlle un bo comezo ó verán.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 17 de Maio.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

6 Comentarios