Arquivo para Setembro 2019
Aulas de Educación Canina
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 21 Setembro, 2019
Seguimos cas aulas de Educación Canina que forman parte das actividades dos Orzamentos Participativos 2019 do Concello de Santiago de Compostela.
Se eres veciño de Santiago e queres asistir, ponte en contacto en: dptoxuventude@concellodecompostela.gal
Días: Martes 8,15,22 e 29 de outubro
Horario: de 17:00 a 19:00 hrs
Lugar: Parque do Paxonal
Roteiro Petroglifos de Teo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 12 Setembro, 2019
Este domingo 15 de setembro irémonos ao Concello de Teo a facer unha ruta chamada dos Petroglifos de Teo.
O roteiro será duns 11 km de distancia e de dificultade media. Teremos río nunha parte do percorrido e deixaremos auga noutra parte para que refrixeren os cans.
No seguinte enlace poderás ver máis información sobre o traxecto:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/petroglifos-de-teo-2155218
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 13 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Curso de Rastro Setembro 2019
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos, Sin categoría o 5 Setembro, 2019
O vindeiro domingo 8 de setembro realizaremos un novo Curso de Rastro.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.
Para inscribirte, envíanos un correo a: info@cans.gal