Arquivo para Marzo 2017

Roteiro Subcira a Illas de Gres

Este domingo repetimos no Concello de Boqueixón pero non de ruta.O noso percorrido será por Subcira e Ponte Ledesma ao largo do río Ulla.

Distancia duns 9 km de dificultade baixa.

Illas de Gres_boqueixón

Podedes encontrar máis información sobre a ruta no seguinte enlace do wikiloc:

https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16723826

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 17 de marzo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

15 Comentarios

Nerd Nite 14 marzo 2017

O martes 14 de marzo, a nosa especialista en conduta animal, María Sabell Sierra, será a encargada de inagurar a Nerd Nite de marzo con un tema moi interesante que leva por título : “Por que o home atopou ao can?”

A cita será ás 21:30 no CGAC ( Centro Galego de Arte Contemporánea).

En cada NerdNite falarán tres NERDS ou NERDINES (elixidos con paixón) sobre o seu traballo/pasatempo/tolemia/capricho ou pensamentos inconfesables, en charlas de aproximadamente 15/25 min. Logo haberá tempo para preguntas, para charlar e, por suposto, para tomar unha(s) copa(s)…

cartel_marzo_2017_formatoimaxe

Podedes atopar máis información sobre estos eventos en:

https://santiagodecompostela.nerdnite.com/

https://www.facebook.com/NerdNiteSCQ/

nerd-nite-cartel-14-marzo-2017

Deixar un comentario