Arquivo para Setembro 2022
Curso de rastro mes de outubro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 29 Setembro, 2022
O domingo 2 de outubro teremos un novo curso de rastro.
Voltaremos a ubicación do clube de piragüismo, nas aforas de Negreira

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles
Próxima Saída – Domingo 25-09-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 21 Setembro, 2022
Este domingo 25 de septembro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é na zona de Porto do Son.
O punto de inicio sera no merendeiro na praia Río Sieira (Antes de chegar As Furnas).
Dependendo do tempo será pola praia ou polo monte.
O percorrido será duns 8-10Km
Podedes ver o punto de inicio neste Wikiloc
A ruta non é exactamente a amosada, pero podedes ver o punto de inicio.

Hai sitio para quedar a comer
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 23 de septembro.
Próxima Saída – Domingo 18-09-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 15 Setembro, 2022
Ruta Ponte dos Cabalos – Ponte da Ermida
Este domingo 18 de septembro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é na zona de Betanzos
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de 7 km
Aquí podedes ver o itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Temos unha boa zona para quedar a comer

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 16 de septembro.
Curso de rastro mes de septembro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 1 Setembro, 2022
O domingo 4 de septembro teremos un novo curso de rastro.
Seguimos no mesmo sitio da última vez o carón do campo de fútbol de Ons