Arquivo para Setembro 2016
Central Hidroeléctrica do Tambre-Noia
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 27 Setembro, 2016
Despois de varias rutas tipo MOBO (mochila bocadillo) queremos volver a demostrar as nosas dotes culinarias.
Por iso este Domingo 2 de Outubro faremos unha ruta cortiña (8 Km) por donde poderemos ver o edificio da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 30 de Setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Pedra do Carro-Esteiro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 13 Setembro, 2016
Non lle damos a espalda ao mar, agora que xa temos cerca o Outono, e seguimos con roteiros con esas vistas marabillosas que a costa galega nos ofrece.
Esta vez percorreremos a ruta da Pedra do Carro en Esteiro no Concello de Muros.
A ruta será o Domingo 18 de Setembro e dunha distancia duns 11 Km polo que a faremos tipo MOBO (mochila – bocadillo).Esto non quita de deixares algo preparado no coche para facer tamén unha pequena merenda (por comer que non falte).
Para máis información, aquí vos deixo os enlaces da páxina de “que ver en Galicia” e da ruta no Wikiloc.
http://www.queverengalicia.com/2013/08/senderismo-subida-pedra-do-cadro-en.html?m=1
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 16 de Setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.