Arquivo para Maio 2017

Saída Donas/Subcira 28 maio

Este domingo 28 de maio repetiremos no Concello de Boqueixón. Concretamente en Subcira ao longo do río Ulla.

O roteiro será semicircular e dunha lonxitude de 10 km.

Subcira_Boqueixón

Podes encontrar máis información sobre a ruta no seguinte enlace: https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9699816

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 26 de maio.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

21 Comentarios

Correcán 2017

O próximo domingo 7 de maio, os membros de Só lles falta falar participaremos no 2ª Correcán que organiza a asociación ‘Can Coruña’

O fin da actividade é recaudar fondos para as protectoras da zona (Apadán, Protectora de Carballo,…..)

A inscripción témola que facer de forma individual a través da páxina : http://www.carreirasgalegas.com/  (calendario/II correcán solidario coruña 2017/inscribirme en andaina/

Pasos a seguir:

  • Inscripción na modalidade de andaina (3km)
  • No apartado de grupo/asociación poñeremos: Só lles falta falar
  • Apuntarse no blog para organizarnos.
  • Límite: ata o xoves 4 ás 00:00hrs
  • Imprescindible: levar o pasaporte do can para a recollida de dorsais.
  • A inscripción é por persoa, ainda que 2-3-4-…. persoas leven un só can.
  • Prezo : 5,00€

Correcan2017

Só quedan 230 prazas.

Os que teñades que inscribir máis de 1 can por persoa inscribides 1 e despois enviades os datos dos seguintes cans a : ‘cancoruna.secretaria@gmail.com’ ( adxunto imaxe, a dirección que me deron eles de ‘www.cancoruna.secretaria@gmail.com’ non é válida)

neste enlace tedes o exemplo de como fixen eu

Inscripción 2º can

Información e normativa da proba:

Reglamento II Correcan Solidario Cancoruña 2017

 

 

34 Comentarios