E ainda non ben entrado o verán, preparámonos para visitar a Ribeira Sacra.
Será o último fin de semana de Maio e quedarémonos no albergue rural da Fábrica da Luz que se encontra en Barxacoba-Parada de Sil – Ourense. http://afabricadaluz.com/


Partiremos o Venres pola tarde do aparcamento que está ó lado do parque do Paxonal por baixo do Hotel Trip Santiago no Restollal.
Saída en grupo : Venres 29 ás 18:00hrs. Segundo os que sexamos poderemonos ir organizando por se cambiamos a hora.
Para os que vaian por libre,
2 opcións:
– Santiago-Lalín-Ourense-Destino por Ou-536: 2 h / 2h 15′
– Santiago-Lalín-Monforte de Lemos-Destino por Lu-903 : 2h 15′ / 2h 30′
Coordenadas do destino : 42°22’33.9″N 7°29’53.4″W
Organización: Durmiremos Venres e Sábado, o prezo da cama son 13€ por noite. Inclúe almorzo, cama, sábanas, edredón e toalla.
Venres 29 chegada á casa Cea no comedor do albergue : 9€
Sábado 30 Almorzo no albergue Ruta Mobo (mochila-bocadillo) polos paraxes da Ribeira Sacra.Cada un terá que levar a súa comida.
Cea no comedor do albergue : 9 €
Domingo 31 Almorzo no albergue Ruta pola Ribeira Sacra, será máis corta cá ruta do Sábado.
Comida no Albergue. Levaremos preparado para comer o Domingo ou compraremos algo pola zona.
Charla de Educación e linguaxe canino impartida pola especialista en conducta animal María Sabell, que tratará sobre :
“Como e porque se fabrica a cohexión da manada, estraxeias de convivencia”
_______
Os cans poderán durmir con cada dono no Albergue e acceder ó comedor donde faremos as ceas do Venres e Sábdo.Tamén poderán estar ó seu aire por fora das instalacións, xa que o albergue está afastado de estradas.
Coma sempre, rercordamos que ainda que estea a especialista en conducta animal para controlar á manada de cánidos, cada un de nós ten que prestar atención ó seu can e actuar de forma responsable.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 18:00 no aparcamento ó lado do Hotel Trip do Restollal.
- Comida:
- Ceas no albergue e levar para preparar as comidas de Sábado e Domingo.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Xoves día 28 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
|
|
|
|
|
Gústame esto:
Gústame Cargando...