Arquivo para a categoría Actividades
Sendeiros do Río Castro – San Sadurniño
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 10 Setembro, 2020
Este domingo 13 de setembro irémonos ao Concello de San Sadurniño. Faremos o traxecto do Río Castro. En total será unha ruta duns 8 km de lonxitude e dificultade baixa.
No seguinte enlace do wikiloc podes ver parte do roteiro:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pozo-de-lamas-a-castelo-naraio-55732022
Para o domingo a temperatura máxima será duns 28ºC aproximadamente, pero non preocuparse, hai auga para os cans na maior parte do percorrido.
Ademáis hai varias zonas boas e con fervenzas para os que queiran darse un baño.
Este é o enlace do inicio da ruta para chegar co Google Maps.
Hai que coller co coche polo camiño de terra da que se ve na foto de abaixo.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 11 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Curso de Rastro Setembro 2020
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 3 Setembro, 2020
Este domingo 6 de setembro realizaremos un novo Curso de Rastro.
Estades a tempo de anotarvos.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Inscripción en: info@cans.gal

Roteiro Traba – Lousame
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 5 Agosto, 2020
Este domingo 9 de agosto, continuamos cos noso roteiros. Iremos ao Concello de Lousame a percorrer as beiras do río Vilacoba polo lugar de Traba.
A distancia da ruta será duns 8 km aprox. e de dificultade media.
No seguinte enlace poderedes atopar máis información sobre o percorrido.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 7 de agosto.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Curso de Rastro – Agosto 2020
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 29 Xullo, 2020
Continuamos os adestramentos e iniciacións ao rastrexo.
Este domingo 2 de agosto realizaremos un novo Curso de Rastro.
Estades a tempo de anotarvos.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Inscripción en: info@cans.gal
Roteiro Aríns – Santiago
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 16 Xullo, 2020
Este domingo 19 de Xullo irémonos á Parroquia de Aríns en Santiago de Compostela.
O percorrido terá dunha distancia de 8 km e de dificultade baixa-media. Espérase calor, polo que a maior parte do camiño será ao longo do rego de Aríns.
No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre a ruta:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-arins-6065777
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 17 de xullo.