Arquivo para Xullo 2011
María Sabell: A mestra dos cans (II)
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 27 Xullo, 2011
Continuamos a sacar tempo da nosa especialista María Sabell para que nos axude a encontrar respostas as nosas inquedanzas (as grandes pero tamén as mais pequenas). Ela insiste en que non hai como “pedir as cousas por favor” para que os nosos cans de compañía nos fagan caso aínda que achaca os malentendidos “a esa visión antropocéntrica que temos de todo e que inclúe o feito de non pensar que existen outros puntos de vista”.Bu e Piroco estiveron atentos durante toda a entrevista (con breves interrupcións para saúdar algún veciño que se aproximaba a reunión, claro está) e inesperadamente os fieis acompañantes de María, nun arranque de iniciativa propia, agarran a gravadora e diríxense sen titubeos a súa dona “fartos de que nos digan que non sabemos falar” e comezan a preguntarlle…que lles contestaría? Pois sigamos lendo…
María Mourelo
•¿Algunos creen que realmente tú eres capaz de pensar y sentir como nuestros perros de compañía?
Vaya, y yo esforzándome por ser una señora….
Outro modelo de convivencia é posible (I)
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 27 Xullo, 2011
Recentemente, os parques da nosa cidade apareceron inzados de carteis nos que os responsables do Concello nos recordan as nosas obrigas como propietarios de cans e nos suxiren modelos de actuación para non sermos sancionados, porque, en palabras textuais, “evitar as sancións é cumprir co teu compromiso coa sociedade”. A campaña, denominada Convivencia Guauuuu! , xira en torno a tres eixos: a identificación de animais mediante microchip, a recollida de excrementos e a obrigatoriedade do uso da correa fóra de certos espazos.
O Club de Cans de Familia Só lles falta falar vén, desde o seu nacemento, impulsando unha cultura canina baseada na educación e no respecto aos demais. Tódalas nosas actividades aséntanse sobre a base do fomento da tenza responsable de mascotas, e “tenza responsable” significa, entre outras moitas cousas, coñecer os límites da propia liberdade e respectar as normas que existen para garantir a convivencia harmónica dos cidadáns. Sen embargo, as pautas de convivencia que nos propoñen os nosos administradores non se axustan en tódolos casos aos principios rectores da nosa filosofía. Só lles falta falar considera que outra forma de entender a coexistencia de cans e persoas nas nosas cidades é posible.
Ler o resto desta entrada »
María Sabell: A mestra dos cans (I)
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 27 Xullo, 2011

María nunha aula
Próximamente……..nas próximas semanas comezaremos a publicar unha serie de entrevistas coa nosa especialista en conducta animal, María Sabell. Considerada a “alma mater” do noso Club queríamos plantexarlle moitas cuestións que sen dúbida nos interesan a todos sobre os nosos cans (e tamén sobre os seus donos). Coa súa naturalidade e autenticidade María non nos deixa indiferentes coas súas respostas, cheas de rigor e sen deixar no tinteiro o seu aporte persoal. Ademais, asistiremos a caída de certos tópicos sobre o noso Club…(e se non que lle pregunten a Bu e a Piroco)….Queredes saber máis? Pois non vos esquezades de conectar co noso blog nas vindeiras semanas…
Vaia por diante o noso agradecemento a entrevistada, que sacou tempo para falarnos da manada do noso Club da que ela, sen dúbida algunha, é a líder. Na serie de entrevistas nos amosa que parece ter todas as respostas que precisamos e se non, xulgade por vos mesmos….imos comezar.
María Mourelo
PRIMERA PARTEAdiestradora, asesora, compañera del Club, queríamos plantearle a María preguntas que sin lugar a dudas nos interesan a todos ¡y ha conseguido sacar tiempo!. Nos contesta en una terraza, mientras sus perros, Bu y Piroco, parecen seguir interesados la entrevista (y mas adelante veremos que no se van a conformar con eso).
Ler o resto desta entrada »
Bos veciños
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Artigos o 22 Xullo, 2011
Ola a todos, como sabedes un dos obxectivos do club é conseguir a implantación do “Bos veciños”. Este sistema está pensado para que, logo de que os nosos cans superen uns requisitos, podan gozar de vantaxes na cidade de residencia por ser un “Bo veciño”. Un exemplo das probas que os cans terían que superar son as realizadas polo The Canadian Kennel Club, se queredes votarlle un ollo a un resumo de como o fan os canadenses aquí tedes.
The Canadian Kennel Club Good Neighbour Program
Os test que o dono e o can teñen que superar son 12 e son os seguintes:
• 1 Recibir ben a un descoñecido amistoso. Neste test o noso can ten que demostrar que pode estar en calma mentres que un descoñecido se nos achega, danos un apertón de mans e fala un anaco con nós.
Sube as tuas fotos e así vémolas todos!
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 22 Xullo, 2011
Ola a todos, como xa vos informamos temos unha galería para que os socios poñamos as fotos persoais das saídas. A galería está aloxada en Flickr e podedes acceder pinchando la foto de INSTANTÁNEAS que está na parte dereita do blog.
A idea é que os que desexen subir fotos pidan o usuario e clave de Flickr e suba as fotos á conta común do club.
Xa se poden subir fotos de tódalas resolucións aínda que se recomenda 1600 (A ferramenta de Flickr faino automaticamente). Ler o resto desta entrada »