Arquivo para Setembro 2018
Saída polo Tambre-Negreira
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 27 Setembro, 2018
E como seguimos con calor, procuramos achegarnos aos ríos.
O próximo domingo 30 de setembro iremos ao Concello de Negreira e percorrer os entornos do río Tambre.
O roteiro será circular dunha distancia de 8km aproximadamente.
Encontrarás máis detalles no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3676062
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 28 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.
Un can non é a súa raza, é o carácter do individuo.
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Educación e manexo dos cans, Sin categoría o 17 Setembro, 2018
A euxenesia da época victoriana fíxonos crer que unha raza seleccionada daba individuos iguais.
Hoxe en día sabemos máis de epixenética e filoxenética que naqueles tempos.
Porqué os cans de calquera raza non son todos iguais?
Porque a xenética non son matemáticas.
Unha parte determinante da filoxenética ten que ver coas estratexias de supervivencia de cada especie.
A estratexia de supervivencia dos cánidos é a cohexión da manada, a lealdade á familia por riba de todo.
A interacción social dos cánidos determina que haxa individuos que ocupen distintos roles dentro da estrutura familiar.
Teñen que nacer individuos con características diferentes para ocupar os distintos roles. Isto é que pode haber poucas diferencias físicas, pero moitas conductuais.
A xenética dos cans ten como principal característica a de fixarse a eles en só 7 xeracións, isto da moitas variabilidades de aspectos físicos; e, dende os anos 70 do pasado século, coa popularización dos concursos de obediencia e probas de traballo, extendéronse na crianza, patoloxías conductuais beneficiosas para a consecución dos obxetivos das probas e concursos, pero isto tivo consecuencias moi negativas, sobre todo nas razas máis popularizadas.
A suma destes criterios de selección e crianza é o que temos hoxe en día.
Cómo sabemos se o canciño que queremos levar á casa está física e condutualmente sano? Un test de carácter é un repaso á súa xenética.
Coñecer as características de determinada liña xenética dentro de cada raza, fai que afinemos dentro da nosa elección: hai liñas de beleza, de traballo, mixtas, é necesario coñecer que taras e patoloxías transmite cada unha.
Cada individuo é diferente, se queremos saber cales van ser os seus parámetros condutuais só hai un xeito de sabelo: un test de carácter.
Ese cadeliño de dobermann será bo Defensor da casa? ou pola contra deixará entrar a calquera.
Dende as 9 semanas de vida do can pódese facer un test de carácter con resultados fiables para coñecer tendencias de carácter e descartar as patoloxías condutuais máis comúns e detectable en idade temperá.
Os test de carácter consisten en comprobar a resposta do can ante determinados estímulos nun tempo.
Están pensados e son axeitados segundo idades e as características que queremos coñecer e medir.
Non hai límite de idade para facelos.
Este é o único sistema de garantir como vai ser o can que queremos meter na casa.
Non todos os cans retriever son bos cans de familia, non todos os cans de pastor alemán poden defender a casa, cada individuo ten as súas cualidades, hai que ter información sobre o individuo antes de que decidamos que vai a formar parte da nosa familia.
Así saberemos como vai aprender, que podemos esperar del e non se lle pedirá o que non pode dar.
María Sabell Sierra
Especialista en conducta animal.
Ruta por Trazo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 5 Setembro, 2018
Este domingo 9 de setembro iremos ao Concello de Trazo.
O percorrido tocará en parte o río Tambre e con bastante sombra para paliar un pouco a calor que vai facer.
Será duns 9 km de largo e de dificultade media. No seguinte enlace do Wikiloc encontraredes máis información sobre o roteiro:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-trazo-oa-5890576
Ah, podedes levar traxe de baño para darlle uso ao río Tambre.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 7 de setembro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.