Artigos coa etiqueta cans de familia
Curso de rastro mes de maio
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 3 Maio, 2023
Este domingo 7 de maio teremos unha nova edición do curso de rastro.
Nesta ocasión terá lugar nun novo lugar, xunto o cemiterio de Viceso

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles
Saída Berdía -Parte 1-
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 12 Febreiro, 2014
Fin de semana na Fonsagrada
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 14 Outubro, 2013
Xa case estamos de camiño á Fonsagrada, para pasar os días 18-19 e 20 de Outubro.
Finalmente somos 23 persoas .
A través do Blog iremos poñendo toda a información e organizando a viaxe.
Casa rural da Bastida : http://www.casadabastida.com
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Saída a Boqueixón
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 27 Maio, 2013
Esta semana comeza cunha boa nova, o próximo domingo día 2 organizamos unha nova saída do Club de cans de familia Só lles falta falar!
O destino deste fin de semana será Boqueixón, ben preto de Santiago así que agardamos que todo o mundo se apunte que é un lugar bastante céntrico para os socios que temos repartidos por toda Galicia.
Sen máis aquí vai a información da ruta:
O punto de partida desta ruta circular de aproximadamente 10 Km será o merendeiro en Subcira (ó lado do Ulla). Durante o paseo poderemos ver as pontes sobre o río Ulla e algunha que outra fervenza.
Agardámosvos a todos en esta agradable saída.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 31 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Saída Razo-Caión
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 29 Abril, 2013
O próximo domingo 5 de maio volveremos a visitar a costa de Razo-Caión. Faremos unha ruta que terá unha lonxitude duns 9 Km aproximadamente. Os primeiros 4 km serán todos pola praia de Razo-Baldaio e o resto ata chegar a Caión será por sendeiros e pistas sempre pegadiños ó mar. Comeremos no merendeiro de Caión con vistas á praia.
Deixámosvos unhas fotos da anterior Saída ás praias de Razo e Caión para que vos animedes!!!
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- 11:20 Aparcamento da praia de Razo.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 3 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.