Arquivo para Outubro 2021

Asemblea Xeral

Unha vez rebasado o prazo de presentación de candidaturas, pasamos a mencionar a candidatura presentada:

Presidente: David Kleve

Vicepresidente : Ana Elvira Calvo Ferrer

Secretario: Francisco A. Freire Montero

Tesoureira: Susana Muñíz Cebreiro

A asemblea será:

Día: venres 29 de outubro

hora: 19:30 hrs primeira convocatoria e 20:00 hrs segunda convocatoria.

Dirección:  Rúa de Carlos Maside, 7 – Santiago de Compostela (Centro Sociocultural de Vite)

Por mor da normativa vixente, os asistentes terán que asinar cos seus datos no Centro Sociocultural a súa asistencia. Tamén será obligatorio o uso de máscara no interior e manter a distancia de seguridade.

Se non podes asistir, podes delegar o teu voto (adxuntamos formulario)

Deixar un comentario

Roteiro Pereiro de Sales – Vedra

Este domingo 10 de Outubro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é Pereiro de Sales no Concello de Vedra.

O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de case 9 km.

No seguinte enlace hai máis información sobre a ruta. O punto de inicio aclararase nos comentarios xa que no é exactamente o que aparece no wikiloc.

https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-vedra-pereiro-sales-76872387

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o  venres 8 de outubro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

16 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: