Artigos coa etiqueta entrevista

Dez preguntas para Ángela Fernández Martínez_etóloga de Rof Codina

1.Cando tiveches o teu primeiro can?

Creo que tiña uns 4 anos…puf!!! xa choveu!

2. Cal é a túa 1ª regra ou consello para educar a un can? e ti, ¿ Como educas ó teu can?

Ante todo ser consistente. É dicir actuar sempre da mesma forma ante as condutas do animal. É a mellor forma de evitar malos entendidos e ansiedades . Ademais traballar moito con el e reforzar as condutas que nos interesan (sempre educando en positivo, claro!).

3. Que opinas da prohibición de levar os cans ceibos?

Paréceme moi adecuada e coido que é unha moi boa forma de evitar accidentes. Aínda que os nosos cans sexan moi educados e moi boíños temos que pensar que se poden achegar a xente que lles pode ter medo e isto non é bo. Por outra parte hai cans que aínda que vaian presos poden reaccionar de forma agresiva con cans ceibos dando lugar a malas experiencias polos dous bandos. E por último, os nosos cans, por moi educados que estean, pódense asustar nun determinado momento e saltar sen querer a estrada e provocar un desastre.

4. Que che parecen programas de TV coma “El encantador de perros”?

Ler o resto desta entrada »

Advertisements

, ,

Deixar un comentario

Benigno Paz (II): “Calquera raza pode ser válida para un can de asistencia”

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Na anterior entrevista xa sinalamos que Benigno Paz tiña unha importante traxectoria coma instrutor de cans guía. Ademais, un dos últimos títulos que incorporou a editorial Kns ao seu catálogo é precisamente Perros de asistencia de Alison Hornsby. Aínda que pensemos en persoas cegas coma as beneficiarias do labor dun can, son moitos os colectivos os que se están a beneficiar do traballo dos nosos amigos. ELISEU MERA

Pregunta. Como se pode formar alguén para ser instrutor de cans guía?

Resposta. A mellor opción é marchar ao estranxeiro. En xeral, as escolas de adestramento crían elas mesmas os cans cos que traballarán, forman os instrutores e danlles logo traballo. En España só a ONCE ten capacidade de facer todo isto pero, como prepara persoal para consumo interno, só tres ou catro persoas tiveron a posibilidade de formárense nos últimos vinte e cinco anos. En Inglaterra está todo moito máis estandarizado e hai máis posibilidades formativas.

P. Ademais de apoiar as persoas cegas, que outras funcións poden cumprir os cans de asistencia? Ler o resto desta entrada »

, , , ,

Deixar un comentario

Benigno Paz (I): “Nunca imaxinei poder vivir da editorial”

As oficinas da editorial Kns instaláronse silenciosa e discretamente nun fermoso edificio da rúa do Sar, ninguén imaxinaría que alí se atopa a que moitos consideran coma a máis prestixiosa editorial de literatura canina do Estado español. Dese mesmo xeito silencioso e discreto foi medrando un proxecto que, inicialmente, tan só pretendía contribuír á difusión da obra dos máis recoñecidos especialistas internacionais. Esta é a primeira entrega dunha entrevista co seu director, Benigno Paz, que se completará cunha segunda parte, na que nos falará da súa experiencia de adestrador de cans guía. ELISEU MERA

Benigno Paz, director de Kns ediciones.

Benigno Paz, director de Kns ediciones.

Pregunta. De onde partiu a idea de crear Kns?

Resposta. Foi polo ano 98. Estaba daquela en Inglaterra e asistín a varios seminarios e cursos nos que falaban do adestramento con clicker, dos sinais de calma, lin libros coma Un cachorro en casa e pensei que, todo ese material, ou se traducía ou nunca chegaría a España. Ler o resto desta entrada »

, , , ,

Deixar un comentario

María Sabell: A mestra dos cans (II)

Continuamos a sacar tempo da nosa especialista María Sabell para que nos axude a encontrar respostas as nosas inquedanzas (as grandes pero tamén as mais pequenas). Ela insiste en que non hai como “pedir as cousas por favor” para que os nosos cans de compañía nos fagan caso aínda que achaca os malentendidos “a esa visión antropocéntrica que temos de todo e que inclúe o feito de non pensar que existen outros puntos de vista”.Bu e Piroco estiveron atentos durante toda a entrevista (con breves interrupcións para saúdar algún veciño que se aproximaba a reunión, claro está) e inesperadamente os fieis acompañantes de María, nun arranque de iniciativa propia, agarran a gravadora e diríxense sen titubeos a súa dona “fartos de que nos digan que non sabemos falar” e comezan a preguntarlle…que lles contestaría? Pois sigamos lendo…

María Mourelo

•¿Algunos creen que realmente tú eres capaz de pensar y sentir como nuestros perros de compañía?

Vaya, y yo esforzándome por ser una señora….

Ler o resto desta entrada »

, ,

1 comentario