Nós

QUEN SOMOS?

O club Só lles falta falar é un club de cans de familia.

POR QUE UN CLUB?

A finalidade do club é, mediante a educación e o respecto polos demais, a integración das nosas mascotas na sociedade. Modelos como o disco verde, bos veciños ou o good citezens están a funcionar en países tanto dentro de Europa como fora e veñen demostrando que outro modelo de convivencia é posible.

A QUEN VAI DIRIXIDO ESTE BLOG?

O blog ten como obxectivo ter un espazo para que os socios se comuniquen e compartan as experiencias vividas nas actividades realizadas polo club. Este blog tamén quere ser un lugar para difundir todo aquelo  que pensamos que é imprescindible para a convivencia de persoas e cans. Os lectores non socios do club tamén poderán participar do blog e agardamos desta maneira que realmente se converta nun punto de información e entendemento.

PODO USAR OS CONTIDOS DO BLOG?

Por suposto! sempre que sexa sen fins comercias e que nos citedes como fonte. O que queremos é que os contidos do blog se difundan o máis posible.

A %d blogueros les gusta esto: