Arquivo para Febreiro 2022
Próxima Saída – Domingo 20-02-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 17 Febreiro, 2022
Ruta Ponte dos Cabalos – Ponte da Ermida
Este domingo 20 de febreiro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é na zona de Betanzos
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de 7 km
Aquí podedes ver o itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Non hai quedada organizada para comer, pero os que queirades tedes unha zona con bo acceso e mesas onde se pode quedar a comer

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 18 de novembro.
Curso de rastro mes de febreiro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 2 Febreiro, 2022
O día será o domingo 6, as 10:00 da mañá.

O lugar será o mesmo que nas últimas ocasións ao lado da Igrexa de Santa María de Cardama, no Concello de Oroso.
Este é o lugar:
https://goo.gl/maps/KUFyUbcN1xgUdEuU7
Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles.