Arquivo para Xuño 2014

Saída Xalo-Meirama

O próximo Domingo 29 de Xuño percorreremos o Monte Xalo na ruta Xalo-Meirama.

Serán 7,5 km polas pistas do Monte donde disfrutaremos das vistas do entorno de Meirama.

A ruta é circular e comeremos nun bonito merendeiro ó lado do río no concello de Cerceda.

Monte Xalo_MeiramaOrganización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • Para os que vaian directos ó inicio da ruta, recordarvos que podedes encontrar o punto de inicio buscando polo código da mesma: A ruta é a PR-G 130.

      Punto de encontro alternativo : Rotonda da N-550 no Mesón do Vento. Alí nos deixaremos a carretera nacional e iremos hacia Meirama.

  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

16 Comentarios

Illas de Gres

O próximo Domingo 15 de Xuño teremos unha saída moi especial, dedicada especialmente ós máis pequenos de Só lles falta falar.

Desprazarémonos ás Illas de Gres en Vila de Cruces para realizar unha comdida / parrillada nos bonitos entornos das illas.Non haberá ruta, pero os que queiran antes de comer poderán dar una paseos polos arredores. Por iso será un día perfecto para os que teñan nenos pequenos e as persoas que non poidan andar moito.

Sairemos do Hipercor ás 11:00, dende Santiago hai 25′ de viaxe. Nos comentarios do blog iremonos organizando o tema da comida.

Recordade : ás 11:00 no Hipercor.
Illas de Gres

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 11:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

18 Comentarios

Ruta Pedra da Auga-Guitiriz

 

 

Preparados para disfrutar do Seguinte día de Saída, esta vez ímonos a Guitiriz.

Realizaremos un tramo da ruta da Pedra da Auga, saindo dende a Carballeira de Parga.

Será unha distancia de 9 Km e  moi plana. A comida realizarase na área recreativa dos 7 Muiños de Guitiriz e poderemos comer de prato xa que temos mesa e bancos portátiles.

Para os que non saian do Hipercor, poderémonos encontrar ás 11:00 na área de servicio de Guitiriz na Autovía A6 sentido Coruña-Madrid que está no Km535.

Pedra da Auga_Guitiriz

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

 

 

7 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: