Arquivo para Xaneiro 2020
Hermida de San Xoan-Negreira
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 30 Xaneiro, 2020
Este domingo 2 de febreiro ímonos ao Concello de Negreira. O lugar escollido é a Hermida de San Xoan.
A ruta será de ida e volta duns 8 km de distancia. De dificultade media.
Para máis información sobre a ruta podedes entrar no seguinte enlace do wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-ruta-slff-ermida-san-xoan-negreira-45910700
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Memoria Actividades 2020
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 14 Xaneiro, 2020
Xa está publicado na nosa canle Youtube a memoria de actividades de 2020, que por certo, animámosvos a suscrivirvos e ver uns videos interesantes de Só lles falta falar.
No seguinte enlace poderás ver o video.
Ah, e se entras a ver a letra da canción do video entenderás o motivo polo que se escolleu este tema.
Ruta por Pontevea-A Estrada
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 9 Xaneiro, 2020
O próximo domingo 12 de xaneiro comezaremos o ano visitando o Río Ulla. Realizaremos un roteiro por Pontevea pasando pola ponte colgante do Xirimbao non Concello da Estrada.
A ruta será de dunha distancia de 10 km e de dificultade media. Podes ver máis información no seguinte enlace do wikiloc: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-slff-burga-pontevea-a-xirimbao-45120157