Arquivo para Novembro 2019

Fin de Semana en Fornelos de Montes

O venres 22 de novembro comezamos o segundo fin de semana do 2019.

Será en Fornelos de Montes e a casa escollída é a Casa Rural D’agosto

http://www.casadagosto.com/es/rooms

No roteiro do sábado percorreremos o Río Barragán en Pazos de Borbén e será de mochila e bocadillo

Roteiro do sábado: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/prg-164-senda-do-rio-barragan-pazos-de-borben-13506355

Roteiro do domingo: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-costa-de-alen-serra-do-suido-929686

O domingo despois do xantar teremos charla de cans. Titúlase:

” Detección, Rastro e odoroloxía forense”

Notas: Como parece que  vai a estar húmido o tempo, levar boa roupa e calzado para a auga. Tamén levar toallas para os cans e evitar ter o chan húmido.

Casa D'agosto Fornelos de Montes

Nos comentarios podemos ir dicindo o que levamos de alimento e así irnos organizando un pouco.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Na casa D’agosto.O venres a casa pódese ocupar a partir das 16:00 hrs.
    • O venres a casa pódese ocupar a partir das 16:00 hrs.
  • O que necesite transporte que o comunique e imos buscando solucións.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

15 Comentarios

Proxecto “Aprendizaxe Coopertiva e cans de Soporte Terapéutico” – Proxecto Erasmus +

Nos cursos 2017/2018 e 2018/2019 viñemos desenvolvendo unhas visitas escolares dentro do programa de aprendizaxe cooperativa que se leva a cabo no colexio de Nuestra Señora del Rosario en Arzúa.

Os resultados son moi bos para tódolos nenos que forman parte da aula.

Aquí vos queda un video co resumo dos traballos realizados.

Grazas ao Colexio de Arzúa por esta iniciativa, a Down Compostela e a tódolos voluntarios de Só lles falta falar por facer posible esta actividade.

1 comentario

Curso de Rastro novembro 2019

Recordarvos que este domingo 10 de novembro realizaremos un novo Curso de Rastro.

Estades a tempo de anotarvos.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.

Curso de Rastro novembro 2019

Para inscribirte, envíanos un correo a: info@cans.gal

CURSO DE RASTRO novembro 2019

1 comentario

Aulas de Educación Canina-San Lourenzo

Seguindo dentro das actividades dos Orzamentos Participativos do Concello de Santiago de Compostela, Só lles falta falar impartirá novas Aulas de Educación Canina no Centro Sociocultural de San Lourenzo.

Aulas de Educación Canina en San Lourenzo

Inscripción : sfreirel@santiagodecompostela.gal

Días: os martes 12 – 19 – 26 de novembro e 3 de decembro

hora: de 17:00 a 19:00 hrs

Aulas San Lourenzo

Deixar un comentario