Arquivo para Maio 2018

Saída Área Recreativa de Fiopáns_A Baña

Este domingo 3 de xuño retomamos os roteiros e desprazarémonos ata o Concello de A Baña para percorrer as ribeiras do Tambre no entorno da Área Recretiva de Fiopáns.

A ruta será de ida e volta, dunha distancia duns 10km e dificultade baixa.

Faremos xantar na propia área recretiva.

Aproveitamos para recordar as datas das próximas saídas:

  • 17 de xuño: Ruta do Banquete de Conxo
  • 1 de xullo (sen definir)
  • 15 de xuño (sen definir)

Recordade que calqueira socio pode preparar unha ruta, soamente a ten que facer para coñecer a disctancia, dificultade e sobre todo para anticipar os perigos que nos podemos encontrar nun roteiro: carreteras, animais soltos ou en fincas, etc…

Área Recreativa de Fiopáns_A Baña

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 1 de xuño.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

41 Comentarios

Finde en San Xoan de Río-Ourense

Pois este venres xa nos toca o primeiro fin de semana completo do ano.

O lugar escollido é a Casa do Comediante en Cerdeira, Concello de San Xoan de Río.Podedes encontrar toda a información sobre a casa na súa páxina web: http://www.casadocomediante.es/

Para saír, casa un pode sair cando queira, a partir das 17:00 hrs do venres podemos ocupar a casa. Ás 18:30 sairá un grupo dende Santiago, punto de encontro no lugar habitual, no aparcamento que está ao lado do Hotel Tryp Santiago (abaixo do Hipercor).

Os que queirades sair co grupo das 18:30 poñédeo nos comentarios. O motivo de quedar para sair non é máis que a posibilidade de reducir coches e repartir carga e cans.Despois cada quen ten o seu ritmo de conducción.

Dende Santiago hai uns 165 km, unhas 2h 15′ de viaxe.

Casa do Comediante San Xoan de Rio

Roteiros:

O roteiro do sábado será por Ponte Navea e Fragas de San Xoan.A dificultad desta ruta é alta, e para os que na queiran facer completa ao voltar por Ponte Navea en vez de continuar poden volver para a casa.A ruta é de tipo MOBO (mochila – bocadillo).

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/por-ponte-navea-y-pena-folenche-20962535

O domingo o percorrido será moito máis curto, subiremos a Cabeza de Manzaneda.O percorrido será de dificultade media dunha distancia duns 8km.

Comida:

Como sempre que cada quen leve o que queira, se imos poñendo o que levamos nos comentarios do Blog, evitaremos repetir cousas.

CHARLA DO DOMINGO:

E como é costume, o domingo despois do xantar e antes de levantar o campamento sempre temos algún tema pedagóxico para seguir aprendendo dos nosos cans.

Esta vez a charla educativa será impartida por dúas persoas; pola Especialista en Conducta Animal María Sabell e polo Psicólogo Roberto Freire. E o título xa é do máis suxerente: “Interacción aminal-humana e humana-animal, linguaxe de interacción para a cohexión da manada e a bioquímica do afecto”

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Aparcamento abaixo do hotel Tryp Santiago.Restollal
    • Indicar os que ides ao aparcamento ou directamente á casa rural.
  • Hora de saída:
    • Ás 18:30 hrs.
    • Pódese estar na casa rural a partir das 17:00 hrs.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

 

22 Comentarios