Arquivo para Novembro 2021
Próxima Saída – Domingo 14-11-2021
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 6 Novembro, 2021
Roteiro do Rego do Andoriña (Variante)
Este domingo 14 de novembro terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é na zona de Tapia no concello de Ames
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de case 9 km
Aquí podedes ver parte do itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta
A ruta será un pouco máis longa do amosado no enlace.
Quedaremos a comer nas mesas da zona fluvial.

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 12 de novembro.
Normativa COVID
Actualmente no hai ningún tipo de restricción de aforo nas actividades ó aire libre, co que non temos límite de persoas que se poidan apuntar.
O uso de máscara non é obrigatorio sempre que se respete a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros.
Segundo o DOG núm. 204-bis páxina 51574 do venres 22 de outubro de 2021
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Curso de Rastro novembro 2021
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 5 Novembro, 2021
Continuamos os Cursos de Rastro

Este domingo día 7 de novembro teremos unha nova oportunidade de practicar e aprender a rastrexar cos nosos cans
Recordade que dende hai uns meses temos nova ubicación, ao lado da Igrexa de Santa María de Cardama no Concello de Oroso.
Este é o lugar:
https://goo.gl/maps/KUFyUbcN1xgUdEuU7
Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases
O curso e gratuito para os socios. Para os demáis o custo do curso e de 30€