Arquivo para Xullo 2021

Roteiro por Traba-Lousame

Este domingo 18 de xullo realizaremos un novo roteiro. Iremos ao Concello de Lousame a percorrer as beiras do río Vilacoba polo lugar de Traba.

A distancia da ruta será duns 8 km aprox. e de dificultade media.

No seguinte enlace poderedes atopar máis información sobre o percorrido.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 16 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

10 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: