Arquivo para Febreiro 2013

Dez preguntas para Benigno Paz

1.Cando tiveches o teu primeiro can?

De cativo, cando tiña sete ou oito anos, aínda pasaban carros pola estrada de Ourense. Un deles atropelou un saíndo da casa sen correa, chámase Safi.

2. Que aspectos non debemos esquecer á hora de educar un can?

Que precisan dunha boa socialización, na etapa de cachorros, para poderen adaptarse ás nosas demandas e que están todo o tempo atendendo.

3. Cambiou a túa concepción respecto do que é a educación dun can?

Si, claro! Cambiou e evolucionou moitísimo. Cambiaron os enfoques, as técnicas, os medios… todo.

4. Que opinas da prohibición de levar os cans ceibos? Ler o resto desta entrada »

1 comentario

Saída ribeira do Tambre

tambre

Xa recuperados da saída á neve desta volta organizamos unha saída ó lado de Santiago para o vindeiro día tres. Esta ruta é unha nova proposta do concello de Brión, a distancia aproximada é duns 8 ou 9 km. O camiño vai por sendas anchas e en xeral a dificultade é baixa.

Para comer iremos ata unha praia fluvial que hai a uns 5 km do punto de inicio da ruta.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 1 de Marzo.

 O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

26 Comentarios

Fin de semana: La Faba – Cebreiro

Ola a todos, como sabedes dende hai uns anos intentamos organizar unha saída de fin de semana. Pois ben, este ano iremos os días 15, 16 e 17 de Febreiro.

Albergue_La_FabaA saída está planificada para chegar o Venres pola noite, o Sábado iremos andando ata o Cebreiro e o Domingo baixaremos a Herrerías.

¿Como chegar? Na autovía A6 (A Coruña – Madrid) hai que saír en “Vega de Valcarce”, hai dúas áreas de descanso, na área de “Restaurante Valcarce” hai que ir en dirección La Faba pasando por outros puebliños ata chegar ó albergue subindo nesa dirección. É moi importante non coller un cartel que pon “albergue de peregrinos” porque é para ir a pé e leva os coches a un recuncho sen saída. Hai que seguila estrada ata atopar a aldea de La Faba.

O aloxamento será da seguinte maneira: durmiremos no albergue polo que hai que levar toallas e saco de durmir ou sabas e mantas. Como vos podedes imaxinar Ler o resto desta entrada »

, , ,

19 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: