Arquivo para Setembro 2013

Saída Santiago Norte

Xa estamos en Setembro e aqui temos a primeira saída do curso, este domingo 8.tren

Faremos unha ruta circular ben preto de Santiago. Partiremos do Polígono do Tambre, na parte posterior do mesmo onde hai un merendeiro ó carón dunha Igrexa.

Faremos unha ruta circular duns 10 Km. Un paseo agradable e de dificultade baixa por camiños anchos e prácticamente sen costas. Atravesaremos distintas paisaxes como fragas do país e mesmo un anaco do camiño inglés. Teremos que ter precaución pois nun dos tramos do percorrido poderemos atopar gando (vacas e ovellas).

Como extra, e se alguén se anima, podemos achegarnos a un dos túneis do antigo percorrido a vía férrea Coruña-Santiago.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 6 de Setembro.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , ,

10 Comentarios