Arquivo para Marzo 2019
Finde en Santa Eulalia de Oscos
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 27 Marzo, 2019
Este fin de semana, 29, 30 e 31 de marzo ímonos de fin de semana ao Concello de Oscos a Casa Riveras en Santa Eulalia de Oscos.
http://www.oscosturismorural.es/
Como ven sendo habitual, o sábado o roteiro será tipo MOBO (mochila / bocadillo), unha da rutas máis fermosas da lista, “Ruta de la Coba”. No seguinte enlace pódese ver unha boa descripción da mesma.
http://www.oscoseoturismo.com/rutas-de-senderismo/rutas-en-santa-eulalia/ruta-de-la-coba/
O domingo o paseo será máis relaxado, iremos á fervenza da Seimeira, nun percorrido duns 6,5 km. Despois da mesma iremos xantar á casa.
O domingo despois do xantar teremos unha charla relacionada co mundo do can. Nesta ocasión titúlase: “Qué podemos esperar dun can de asistencia?”
Nos comentarios do Blog podemos ir dicindo o que cada un leva para organizar un pouco a comida.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Casa Riveras-Santa Eulalia de Oscos
- Hora de saída:
- Cada un cando poida, pódese ocupar a casa a partir do venres ás 17:00hrs.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Roteiro Brión – Viceso
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 7 Marzo, 2019
Este domingo 10 de marzo moverémonos entre o Concello de Rois e o de Brión.
Saíremos da praia fluvial cerca de Urdilde e faremos un recorrido pasando pola aldea de Pousada e parte do Río Tambre.
O percorrido é duns 10 km e de dificultade fácil. No seguinte enlace do Wikiloc pódese ver máis información, ainda que aparece algún km de máis ao ser un track de test.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-ruta-slff-brion-viceso-playa-fluvial-32982133
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 9 de marzo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.