Arquivo para Outubro 2022
Fin de semana na Fonsagrada – Casa da Bastida – 2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 12 Outubro, 2022
O fin de semana do 11-13 de novembro, recuperamos os fins de semana.
Será na Casa da Bastida, na Pobra de Burón , Concello da Fonsagrada.
https://www.casadabastida.com/index.html
O venres xa se pode ocupar a casa (Confirmaremos hora). Cada persoa irá segundo os horarios que cada un poida.
IMPORTANTE!!! As prazas son limitadas e se concederán por orden segúndo vos apuntedes.
Para apuntarse por favor enviade un correo co voso nome e os dos vosos acompañantes (de dous e de catro pernas/patas) a info@cans.gal e con copia a sollesfaltafalar@gmail.com (debido a que algúns correos vosos chegan a spam segundo se envíen a unha ou outra conta)
Ruta de información sábado:
Ruta do Gallol: 15 km dificultade media/alta
É unha das rutas máis espectaculares e fermosas de Fonsagrada e na provincia de Lugo, onde podemos visitar a fermosa Área Natural de Carballido, dentro da Rede Natura e declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO. Conserva unha das mellores formacións do bosque atlántico galego, con numerosos tipos de árbores e arbustos, algúns pouco comúns no resto de Galicia.
Tomaremos unha ruta reducida – uns 15 km de ida e volta.
Irémonos a Castro de O Castelo e subiremos ata o muíño e a aldea abandonada de Paradas, probablemente un dos lugares máis illados de Galicia e recorreremos os nosos pasos.
Para aqueles que queren camiñar menos, hai a posibilidade de volver antes e facelo no punto onde nos desviamos cara a vila de Paradas que significaría a metade dunha ruta.
Ruta do domingo: 5 km dificultade baixa
Ruta ou forno do bolo:
Percorrido curto polo galaicoastur de Rivendell.
Está situado en Queixoiro. Ruta moi agradable entre piñeiros, carballos e cinzas cara ao río e algunhas fermosas fervenzas. Entramos no mundo dos hobbits e elfos

O domingo despois de xantar esperamos que María Sabell poida impartir unha charla, como ven sendo habitual
Nos comentarios do Blog podemos ir dicindo o que levamos de comer para organizarnos un pouco.
Ruta Brión – Tambre
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 12 Outubro, 2022
Este domingo 16 de outubro faremos unha ruta polo concello de Brión.
Podedes ver a ruta aquí
A distancia é duns 11 km e a dificultade media.

Se o tempo o permite iremos á piscina natural de Urdilde a comer.
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 14 de outubro.