Arquivo para Agosto 2019

Roteiro Monte do Pedroso

Este domingo 25 de agosto faremos un roteiro polo Monte do Pedroso en Santiago.

Será uns 2 km máis curta do que marca o mapa do Wikiloc, polo que se quedará nuns 8 km. No seguinte enlace poderedes ver máis información sobre o percorrido.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-pedroso-5295884

Roteiro Pedroso Granxa do Sexto

Para os que non vaian para o Hipercor, o punto de inicio da ruta será na área recreativa do Pedroso, accédese pola estrada que vai ás antenas, a que non ten saída, e tamén será o lugar donde xantaremos.

Ao longo do roteiro haberá fonte, un par de regatos e un estanque cheo de auga para refrixerar.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 23 de agosto.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.

 

13 Comentarios

Curso de Rastro agosto 2019

O vindeiro domingo 4 de agosto realizaremos un novo Curso de Rastro.

Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.

Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.

Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.

Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.

Curso de Rastro agosto 2019

Envíanos un correo electrónico a : info@cans.gal

CURSOS DE RASTRO agosto 2019

1 comentario

A %d blogueros les gusta esto: