Arquivo para Maio 2014
Curso de educación canina – Ría do Burgo
Publicado por pablofreire en Cursos o 29 Maio, 2014
CURSO DE EDUCACIÓN CANINA, FIN DE SEMANA
“APRENDIZAXE EN POSITIVO – COMO FUNCIONAN OS CANS”
28 e 29 de Xuño de 2014
CURSO: PRECIO POR CAN : 100 €
CURSO CANS SOCIOS “Só lles falta falar”: 70 €
*Curso incluído para os cans da tarifa plana do Centro de Conducta Animal.
(O curso inclúe todo o día do Sábado e a ruta do Domingo. Prezo da Comida do Sábado opcional : 9 €)
Curso de Educación Canina que se impartirá na Ría do Burgo – Culleredo – A Coruña
Programa:
Sábado 28: RÍA DO BURGO
– 10:00-11:00 hrs : Recibimento e avaliación dos cans.
– 11:00-14:00 hrs : Curso intensivo de educación en positivo, impartido por María Sabell Sierra – Especialista en conduta animal.
– 14:00-16:00 hrs : Xantar no Restaurante ‘Zero bar’- O Burgo
– 16:00-19:00hrs: Continuación do curso
Domingo 29: Ruta por Meirama-Xalo
– 11:00 : Ruta polos arredores do monte Xalo e do Concello de Meirama acompañados de máis integrantes do Club de cans de familia ‘Só lles falta falar’.
Aplicarase o aprendido no curso. Nas camiñatas os cans aprenden a socializarse e coñecen o concepto “manada”.
– 15:00 hrs : Ó rematar a ruta, comida campestre nos entornos do lugar.
– – – – – – – –
Reservas e máis info en: info@sollesfaltafalar.org
Marcha contra o maltrato animal (Alma)
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 21 Maio, 2014
Alma, unha grande amiga nosa que foi envelenada por algúns desalmados. Era unha gran cadela que recordaremos sempre.
Aquí debaixo podedes ver o video da marcha contra o maltrato animal onde Só lles falta falar, e moitos defensores dos dereitos dos animais denunciaron a brutalidade do envelenamento de Alma.
2ª Parte Nemenzo-Sigüeiro
Publicado por pablofreire en Saídas, Sin categoría o 14 Maio, 2014
O próximo Domingo 18 de Maio realizaremos a 2ª parte da ruta que realizamos por Berdía o pasado mes de Febreiro.
Distancia : 8 km apox.
Dificultade : baixa
Con esta saída podemos estrenar a tempada primavera – Verán, xa que deixamos atrás os temporales e dámoslle a benvida ó sol.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 14 de Febreiro.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.