Arquivo para Xuño 2021
Ruta por Nemenzo
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Sin categoría o 17 Xuño, 2021
Este domingo desprazarémonos á Nemenzo en Santiago de Compostela.
Parte da ruta será ao longo do río Tambre, duns 9 km de percorrido e de dificultade media.
No seguinte enlace pódese ver máis información sobre a ruta.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-nemezo-19543384

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 18 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Saída – Serra do Candán – Forcarei
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 3 Xuño, 2021
Agora que se rebaixaron as restriccións e xa hai moita xente vacinada, retomamos as saídas de domingo.
Este domingo 6 de xuño, iremos á Serra do Candán no Concello de Forcarei.
A ruta é de dificultade media e dunha distancia de 10 km, non é exactamente a que aparece neste enlace do wikiloc.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/testslff-sierra-de-candas-8427353

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 4 de xuño.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.