Arquivo para Febreiro 2017
Castro de Gastrar – Boqueixón
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Sin categoría o 28 Febreiro, 2017
Este domingo 5 de marzo o noso roteiro será pola parroquia de Gastrar, no Concello de Boqueixón.
Lugar donde a parte do bonito do percorrido, tamén visitaremos o castro que se ubica no val que percorre o río Sanguiñeira.
A distancia será duns 9km e unha dificultade media-baixa.
Podedes atopar máis información da ruta nestes dous enlaces:
https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16564462#
http://patrimoniogalego.net/index.php/56868/2014/02/castro-de-gastrar/
Recordarvos que a próxima saída será o domingo 19 de marzo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 3 de marzo.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Saída por Sabucedo-A Estrada
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Sin categoría o 9 Febreiro, 2017
Este domingo 12 de febreiro iremos ao concello da Estrada, concretamente aos arredores de Sabucedo a rapar unhas bestas, bueno, é broma, ese traballo deixarémosllo aos profesionais para o mes de xullo.
O noso cometido será pasar un día agradable cos cans e disfrutar das fermosas paraxes.
Este é o enlace da ruta, ainda que non será tan larga, está modificada para unha distancia de 10 km aproximadamente : https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=16042739
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 10 de febreiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.