Arquivo para Xullo 2017

Ruta Ínsua Seivane- Outeiro de Rei – Lugo

Este domingo 23 de xullo iremos hacia o interior, concretamente ao concello de Outeiro de Rei preto de Lugo.

Lugar idílico para os cans, debido á gran cantidade de lugares para bañarse, donde tamén os humanos teremos oportunidade de pegarnos algún baño.

A ruta será circular e dunha dificultade media-baixa. Aproximadamente 6 km de lonxitude.

O punto de encontro será na pensión restaurante González na N-VI ás 11:00hrs.

Debaixo podes ver a imaxe e o enlace do google maps do punto de encontro.

Restaurante Pensión González_Lugo

https://www.google.es/maps/place/Hostal+Restaurante+Gonz%C3%A1lez/@43.062318,-7.6132849,12z/data=!4m5!3m4!1s0xd31cfe89d558017:0x36c12736facc124b!8m2!3d43.060877!4d-7.6005784?hl=gl&authuser=1

Ruta Ínsua_Seivane

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 21 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

18 Comentarios

Orzamentos Participativos 2018

O Concello de Santiago abreu o prazo de voto dos Orzamentos Participativos de Mocidade para o 2018.

Como no 2016 e neste 2017 ‘Só lles falta falar’ presenta a súa proposta que consiste no seguinte:

  • Aulas de educación canina
  • Charlas e ponencias sobre tenza responsable, normativa e coidados veterinarios
  • Visitas aos centros escolares

Por isto pedimos o teu apoio para ser uns dos escollidos e seguir realizando estas actividades no 2018. Sólo necesitas de 5′ para rexistrarte e votar.

Os requisitos para votar as propostas de mocidade son os seguintes:

  • Estar enpadroado en Santiago de Compostela ou 
    estudar en Santiago, en Instituto ou na Universidade.
  • Ter entre 16 e 35 anos

Como se fai? :

  • Entra en decide.santiagodecompostela.gal
  • Rexístrate. Se xa estabas rexistrado do ano pasado, entra o teu nome de usuario e contrasinal. Se non o recordas os datos envía un correo a decide@santiagodecompostela.gal co teu nome e dni e eles enviaranche o teu nome de usuario para que poidas crear un contrasinal novo.
  • Entra na proposta que desexes apoiar e pincha en “apoiar proposta”

O prazo para dar o apoio remata o luns 31 de xullo ás 23:59

O.P 2018 rexistro

Grazas ao teu apoio poderemos seguir demostrando que:

‘Outro modelo de convivencia é posible’

O.P. 2018

Neste enlace poderás ler a proposta completa:

Contidos proposta Orzamentos Participativos 2018

Deixar un comentario

Curso de Rastro 15_16 xullo

O fin de semana do 15-16 de xullo, Só lles falta falar organiza un curso de rastro que será impartido por María Sabell, Especialista en Conducta Animal.

O curso é apto para tódolos cans, independientemente de se xa rastrexaran algunha vez ou non.

Combinaremos a parte práctica en zonas urbanas e de monte.

Sábado: Comezo do curso en zona urbana de parque.

Domingo: Desprazarémonos a zona de monte, donde se poderán realizar pistas de máis longa distancia.

Aquí vos queda o enlace donde teredes toda a información detallada de como se impartirá o curso.

Calqueira dúbida que teñades sobre o mesmo, podedes chamar ao 651352534 ou mandar un correo electrónico a info@sollesfaltafalar.org.

 

Curso rastro Xullo 2017

CURSO DE RASTRO 15_16 de 2017

4 Comentarios

Central Hidroeléctrica do Tambre_Noia

O próximo domingo 9 de xullo iremos ao Concello de Noia.Será un tramo lineal duns       8 km (ida e volta) que partirá da Central Hidroeléctrica do Tambre, que é tamén o punto para comer, disfrutaremos do entorno da devesa de Nimo unha fraga que se extende ao longo do Río Tambre.

central tambre_Noia

Avanzamos que a próxima saída será o 23 de xullo en Lugo.Faremos o roteiro de ísua – Seivane.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 7 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

22 Comentarios