Arquivo para Agosto 2017

Saída por Traba-Lousame

Este domingo 27 de agosto visitaremos o Concello de Lousame ao lado de Noia.

A ruta será por Traba, duns 6-7 km apróximadamente. Podedes encontrar máis información da mesma no seguinte enlace:

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4963350

O que cambia con respecto a esta publicada en wikiloc, é que esta vez farémola de ida e volta variando un pouco a ruta.

Traba_Lousame 2

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 25 de agosto.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

27 Comentarios

Qué é o ‘Bo Cidadán Canino’?

Artigo Voz de Galicia

Como ben sabedes, os principios da nosa asociación son promover a educación, a tenza responsable e conseguir unha total integración dos cans na sociedade.

E para conseguir esa integración, todo pasa por poder desprazarse e moverse polas nosas cidades, en definitiva, poder realizar co noso can unha vida con total normalidade.

Co distintivo do bo cidadán canino, garantimos que os cans que o obtiveran esta certificación están preparados e son aptos para entrar en calquer edificio público e utilizar o transporte público, tanto o bus como o tren. Cantos de nós deixariamos de utilizar o noso coche particular se nos poideramos desprazar en coche ou no tren?

Non é unha cousa obrigatoria, o que decidira sacalo, beneficiaríase das súas vantaxes e o que non pois seguiría como ate agora. Ademáis, esta medida sería unha fonte de ingresos para a administración, xa que para facer o exame pagaríase unha tasa e habería unhas renovacións cada certos anos.

Adxuntamos a proposta de ‘Só lles falta falar’: Proposta Bo Cidadán Canino

Na proposta podedes ver en que consisten as 12 probas que habería que superar, ou 8 como aparecen no seguinte video dunha proba real.

Tamén vos deixo un enlace do American Kennel Club (AKC) donde hai máis información

http://www.akc.org/dog-owners/training/canine-good-citizen/

__________

Este é o enlace do artigo que nos fixo a Voz de Galicia falando da iniciativa do Bo Cidadán Canino e de outras actividades que realizamos en Só lles falta falar.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/08/11/secretario-do-club-cans-familia-so-lles-falta-falarspan-langgldeberia-haber-disco-verde-identificar-os-cans-ben-socializados-spanpablospan-langgl-freire-spanspan-langglso-lles-falta-falar-spanspan-langglcans-span/0003_201708S11C8991.htm#

Deixar un comentario