Arquivo para Abril 2022
Próxima Saída – Domingo 24-04-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 21 Abril, 2022
Este domingo temos un novo roteiro.
Viaxaremos ó concello de Lousame para pasear polas beiras do río Vilacoba, no lugar de Traba.
A distancia da ruta é duns 8 Km aproximadamente, dificultade media.
Aquí podedes ver o itinerario en Wikiloc -> Percorrido da ruta

Hai unha zona onde podemos quedar a comer
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Indicade os que esteades interesados en quedar a comer para tomar unha decisión
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 22 de abril.
Próxima Saída – Domingo 10-04-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 6 Abril, 2022
Este domingo 10 de abril terá lugar un novo roteiro. O lugar escollido é en Val do Dubra
O percorrido é circular, de dificultade baixa e dunha distancia de algo máis de 9 km
Aquí podedes ver parte do itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Como a ruta é cerca de Bembibre pódese quedar a comer no parque con mesas que hai na localidade
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Indicade os que esteades interesados en quedar a comer para tomar unha decisión
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 8 de abril.