Arquivo para Agosto 2013

Saída río Traba II

O próximo domingo 25 de Agosto realizaremos a segunda parte da saída do pasado día 4. Río Traba

De novo faremos unha ruta circular.  O paseo comeza e acaba no mosteiro de Toxosouto ( estrada Santiago-Noia) De novo camiñaremos xunto ó río Traba onde poderemos ver unhas fermosas fervenzas, logo subiremos cara o cumio dun monte por camiños forestais ata chegar ó alto dende onde teremos unhas incribles vistas da ría de Noia. Xa de regreso a Toxosouto atravesaremos unha pequena fraga e unha ponte do medievo.

A saída é duns 10 km aproximadamente e de dificultade media-baixa perfecta para un agradable paseo.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 23 de Agosto.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, , , , ,

10 Comentarios