Arquivo para a categoría Cans de Asistencia
Integración no Colexio
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cans de Asistencia, Sin categoría o 2 Novembro, 2018
O esforzo trae resultados, e o que mellor o demostra é poder ver a Gisela e ao seu can Marshall disfrutando e pasando uns bos momentos cos seus compañeiros de clase.
Actualmente Gisela está asistindo ao Ceip Camiño Inglés de Sigüeiro-Oroso acompañada do seu can de asistencia, Marshall o que lle permite estar calmada e relaxada para poder compartir aula co resto dos seus amigos de clase.
Para o resto dos nenos tamén é un exemplo e unha aprendizaxe, xa que aprenden que non tódalas persoas somos iguais e que todos temos sitio na sociedade.
No seguinte video do prorgrama ‘Fun polo aire’ da TVG pódese ver a relación entre os nenos e a acollida a Gisela.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/fun-polo-aire-programa-32-3948105?t=3752
Un Can na Escola
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cans de Asistencia, Soporte terapéutico o 22 Xullo, 2018
Ir a escola debe de ser algo divertido e motivador, debemos aprender xogando. As veces as experiencias educativas non son positivas. Dan medo. Ter discapacidade non implica non ter unha calidade educativa. O medo, a angustia e a exclusión debemos modificalos en experiencias inclusivas e positivas. Por eso levamos uns meses socializando, educando e preparando un Can de Asistencia para ir á escola coa súa nena. O colexio en cuestión é o CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro.
Empezamos a traballar de este xeito porque a presenza do can no día a día da nena axúdalle a manter a calma e esto permítelle relacionarse nun entorno normalizado. Este proceso de capacitación pasa por diferentes fases. A primeira, é a máis doada, incluír o can na rutina familiar. A segunda desfrutar do ocio en familia. A terceira, a adaptación do can a escola. Todo esto repercute na calidade de vida persoal, social, familiar e escolar. O proceso de adestramento do can foi sempre en positivo, no seu entorno e contando coa colaboración inestimable dos socios de “Só lles falta falar” que axudan nas aulas de educación canina, nas saídas,etc.. conseguindo de xeito natural e espontáneo a verdadeira inclusión.
No proceso de adaptación a escola, axudarase ao profesorado, baixo a supervisión e coordinación da Especialista en Conducta Animal, ademáis de propoñer un programa escolar de contidos didácticos e pedagóxicos; neste programa; empregaranse os cans de soporte terapeútico como ferramenta didáctica nas diferentes etapas escolares para que os alumnos motivados alcancen as competencias básicas establecidas no currículo educativo dun xeito organizado, motivador, práctico e efectivo. Ademáis de dotar de habilidades sociais os nenos promovendo e normalizando a interacción coa conducta natural dos cans fomentando a tenza responsable. Reforzando a autoestima a nivel persoal dos nenos buscando a motivación para traballar e consensuar unha educación emocional de calidade que reforze o sentimento de pertenza a un grupo.
Dende “Só lles falta falar” creemos que outra forma de traballar é posible. Apostamos por unha inclusión real na escola e na sociedade. Realizar este tipo de programas e de intervencións é posible porque en “Só lles falta falar“ existe unha especialista en conducta animal acreditada coa documentación reglada e formación necesaria para realizar este tipo de intervencións terapéuticas.
Este logro, conséguese grazas aos membros de “Só lles falta falar”, á Fundación Down Compostela e ao apoio económico da ‘Obra Social La Caixa’ dirixida pola oficina de Caixabank de Sigüeiro.
Outra forma de Convivencia É Posible!
Cans de Asistencia
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cans de Asistencia o 28 Xuño, 2018
Despois de un proceso de traballo co can e a presentación da documentación pertinente, Iza e Milka, acadaron o seu certificado de Cans de Asistencia, o que significa que están acreditadas pola Xunta de Galicia para poder acompañar aos seus guías en todo momento.
Esta semana, fixeron unha viaxe do máis completa saindo de Santiago hacia A Coruña en tren e logo xa no destino utilizar o bus urbano.
Esto que é noticia, dende “Só lles falta falar” pensamos que debe ser o normal, poder acceder con normalidade aos medios de transporte e edificios públicos e non só as persoas con limitacións de movilidade senón tamén a aqueles propietarios de cans que demostren que o seu can é apto e así poder desprazarte pola cidade con libertade.
Se precisas un can de asistencia, “Só lles falta falar” pódeche axudar e guiarte en todo o proceso que vai dende obter o can, preparalo e presentar toda a documentación necesaria.
Con todo isto queremos dicir que:
Outro Modelo de Convivencia é Posible !!