Arquivo para Abril 2020

Por qué “funciona” , no confinamento, ensinarlle cousas?

O próximo mércores 29 de abril ás 18:00 hrs terá lugar outro directo no Facebook:

“Por qué ‘funciona’, no confinamento, ensinarlle cousas?

María Sabell falará dos beneficios de aprenderlle cousas aos cans e respostará as preguntas que lle plantexedes.

Este é o enlace que debedes premer para asistir: https://m.facebook.com/events/s/respostas-para-o-confinamiento/450613669095129/

Confinamento co meu can

 

Deixar un comentario

Periodo de confinamento co meu can

Qué podo facer para que non se resinta a saúde mental do can neste periodo?
Cómo podo evitar problemas despois? Por exemplo, ansiedade por separación.
Estas son as preguntas da maioría das consultas nestas semanas.Por suposto a receita é individual, pero ata agora aparecen as seguintes respostas en común:

– Evitar a sobreestimulación.
– Deixalo durmir. Non lle fales e non lle toques constantemente.
– Continua as rutinas horarias o máis posible.

Ante isto xorde a seguinte pregunta, qué podo facer co can durante o confinamiento se non pode saír a desafogarse fora?. A resposta vai ir en función do que facías antes e de que can tes, recordando sempre que un can non é o espazo onde vive, senón o tempo de dedicación.
Os puntos en común para responder a esta pregunta pódense dividir en dous tipos de casos básicos:

O primeiro é o caso do can con pouco estimulo cognitivo previo ao confinamiento. A solución neste caso é moi simple: calquera cousa que lle ensines ao can vaino a deixar esgotado.

Aquí é válido tirar de calquera cousa que se pode ver en Internet. A ejecución do can será mellor ou peor, cometerás mais ou menos erros, pero o obxectivo é cansar ao can, e nada cansa máis a un can que “marearlo”. Bromas a parte, cada día sairavos mellor e pasardes un bo intre e ata é posible que che acabe gustando ensinarlle cousas ao can e che apeteza ter un can máis funcional. Si é así perfecto, nada nos gusta máis que os cans que funcionan como cans.

O segundo caso, é o do can que vive habitualmente sobreestimulado cando está coa persoa. Isto é máis complexo, aquí temos que poñernos técnicos: aprendizaxe de anticipación, feed back, reactividade a estímulos externos alta é unha combinatoria que pode ser moi irritante en situación de confinamiento.

Solucións: imposible ningunha receita xeral. Tiven catro consultas así en dous días e cada familia levou a súa receita. Só atopei un punto en común: todos tiñan rutinas horarias. Ao rompelas e non poder satisfacer a anticipación, o nivel de stress subiu polas nubes.

As receitas individuais tardaron ata 72 horas en facer efecto. Algúns xa probaran solucións xerais sacadas de Internet, en todos os casos foron contraproducentes. Qué podemos sacar en conclusión? Aos cans funcionales non lles pasa nada, a capacidade de adaptación é un trazo xenético determinante na estratexia de supervivencia dos cans. Ademais temos tempo,que é o que nos adoita faltar para adestrar aos cans, pois podemos empregalo como os profesionais. Animo a todos a ter cans funcionales. Isto equivale a ter cans en perfecto estado de saúde emocional.

María Sabell Sierra
Especialista en Conducta Animal

Confinamento Coronavirus co can

_____________________

Podedes utilizar os comentarios do Blog para facerlle consultas a María. Tanto sobre os temas que se tratan neste artigo como doutros diferentes. Responderavos persoalmente para que nestes días de pasar tantas horas pechados na casa, a a convivencia e a saúde do noso can sexa a mellor posible.

 

2 Comentarios