Arquivo para Xullo 2014

Monte Segade_Río Mera

O próximo Domingo 27 de Xullo irémonos para Lugo, concrétamente para recorrer as beiras do río Mera e Monte Segade en Lugo.

A ruta será fresca e cortiña, sobre uns 7km de dificultade baixa.

 

Punto de encontro ruta Rio Mera

 

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
    • Para os que saian directamente, verémonos polas 11:30hrs no punto sinalado no mapa. Carretera N-640 que sae de Lugo hacia santiago despois de cruzar o Río Miño.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 25 de xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

13 Comentarios

A correr co noso can

Próxima actividade:

Sábado 19 de Xullo.

Lugar de encontro : Rotonda da entrada á Granxa do Xesto no Monte do Pedroso.

Hora : 12:00 hrs.

Recordade que é para tódolos públicos.A correr co noso can

Podédesvos ir anotando no blog e tamén temos creado un grupo de whatsapp para os asiduos.

Ah, e non vos olvidedes de traer o can!!!

2 Comentarios

Ruta “Monte Santiaguiño”

O próximo Domingo 13 de Xullo percorreremos os entornos de Padrón polo Monte Santiaguiño en Extramundi-Padrón.

Será unha ruta circular duns 10Km aprox. e de dificultade media-baixa .Comeremos na área recreativa Santiaguiño do Monte.

Área recreativa Santiaguiño do Monte_Padrón

 

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 11 de Xullo.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

12 Comentarios