Arquivo para Xaneiro 2016
Serra do Candán 31 Xan 2016
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 26 Xaneiro, 2016
Este Domingo 31 de Xaneiro desprazarémonos á Serra do Candán no Concello de Forcarei.
Ainda que o Inverno non acaba de chegar irémolo a buscar ca esperanza de atopar neve, ainda que algo difícil cas temperaturas que estamos a padecer.
Baixaremos á aldea abandonada de Grobas rodeada polo Río do propio nome, un afluente do Deza.
Podedes comprobar o percorrido no seguinte enlace:
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8444845

Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 29 de Xaneiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Xeral o 18 Xaneiro, 2016
Aquí vos deixamos o programa de V televisión, ‘Informe en V’, donde se fai unha viaxe polos distintos traballos que poden desenvolver os cans.
Cans de búsqueda (rastrexo), de soporte terapeútico-físico e de asistencia ademais de detectores de enfermidades, son algunhas das enormes capacidades que teñen os cans.
Só lles falta falar aparece no terceiro apartado de 4 que ten o programa e donde María Sabell explica as características que ten que ter un can que se vai adicar á defensa dunha persoa con risco de agresión (violencia de xénero) e os socios do Club fan un percorrido polas distintas tarefas que desenvoven os seus cans.
Enlace : http://www.vtelevision.es/informativos/informeenv/2016/01/15/0031_4706574288001.htm
Monte Pedroso_17/1/2016
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 13 Xaneiro, 2016
Despois do descanso de Nadal recuperaremos forzas para recorrer as faldas do Monte Pedroso en Santiago de Compostela.
Pasaremos pola Selva Negra, subiremos ó pico e a parte norte do monte.
Distancia: 10 km
Dificultade :Baixa_Media.
Os que non vaian para o Hipercor, verémonos ás 10:30 na área recreativa do Pedroso donde están as grellas, a que está subindo co coche hacia ás antenas (non na Granxa do Sexto que ten a cafetería).
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 15 de Xaneiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.