Arquivo para Abril 2013
Saída Razo-Caión
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 29 Abril, 2013
O próximo domingo 5 de maio volveremos a visitar a costa de Razo-Caión. Faremos unha ruta que terá unha lonxitude duns 9 Km aproximadamente. Os primeiros 4 km serán todos pola praia de Razo-Baldaio e o resto ata chegar a Caión será por sendeiros e pistas sempre pegadiños ó mar. Comeremos no merendeiro de Caión con vistas á praia.
Deixámosvos unhas fotos da anterior Saída ás praias de Razo e Caión para que vos animedes!!!
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- 11:20 Aparcamento da praia de Razo.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 3 de Maio.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Saída Ribeira do Ulla
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 8 Abril, 2013
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 12 de Abril.
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.