Arquivo para Febreiro 2019
Ruta Pedra Cadro e Brañas-Esteiro
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 21 Febreiro, 2019
Este domingo 24 de febreiro iremos a o Concello de Muros a facer un roteiro por Cadro e Brañas.
O percorrido discorre polos montes de Esteiro nos que disfrutaremos dunhas preciosas vistas á ría de Muros e Noia.
Xa que nos vai acompañar o sol, esta vez a ruta será tipo MOBO (mochila – Bocadillo) polo que pararemos a comer no medio do camiño.
A distancia é duns 13 km e a difcultade media.
No seguinte enlace poderás ver máis información sobre a ruta.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-slff-pedra-cadro-e-branas-14796612
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 22 de febreiro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Qué pasa se os cans comen carne crúa?
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Educación e manexo dos cans o 2 Febreiro, 2019
Nada, excepto que lles pasa a fame do día.
Os cánidos son biolóxicamente, zoolóxicamente carnívoros.
Os cans levan 40.000 anos, ou máis, cos humanos, aproveitámonos da súa capacidade cazadora para comer carne e eles comezaron a comer hidratos de carbono cando non había outra cousa mellor.
A domesticación supuxo para o canis lupus cambios físicos. O primeiro para consideralos canis familiaris, nas excavacións realizadas, é a aparición da enfermidade periodontal nas mandíbulas, consecuencia de alimentar a un carnívoro con hidratos de carbono.
Os cans son carnívoros, e se comen carne están máis sans, física e emocionalmente (a alimenteación é un dato importante que hai que manexar para facer unha terapia de modificación de conduta).
Entón, de onde sae esta lenda de que se os cans comen carne sen cociñar se “botan á xente”?
Descoñecemento de como funcionan os cans, e de como se transmiten as enfermidades.
A orixe deste tipo de mitos ten dúas compoñentes:
- A xente tende a considerar que non comete erros no manexo dos cans: se algo non vai ben a culpa é do can, non da persoa.
- O descoñecemento do proceso de transmisión da rabia, como principal enfermidade transmitida polos cans e mortal ata fai ben pouco.
O noso país é un bo caldo de cultivo de mitos, e este é un máis. Ademáis moi extendido porque unha das nosas características culturais e o seu pouco uso tradicional, estando extendida a costume de ter os cans á cadea para “dar a xente”, os cans fora da vivenda, a pouca convivencia e o pouco coñecemento.
Buscar explicacións do tipo de considerar o consumo de carne crúa como potencial incremento da agresividade tamén se relaciona co feito antropolóxico de que os humanos non somos carnívoros, motivo polo cal rexeitamos a proteína animal crúa, o sangue e as vísceras, as cales non son agradables á vista nin ao olfato dos humanos.
A carne crúa por tanto asóciase ao que os animais non carnívoros , os humanos, consideramos negativo: son agresivos, matan.
Podo darlle ao meu can carne sen cocinar?
Si, un can alimentado con carne, que teña grasa e algo de óso para roer, estará perfectamente ben, terá un pelo brillante, moita enerxía, estará máis tranquilo…
Alimentalo con carne crúa non vai ter ningunha conscuencia negativa, non se vai volver máis agresivo, nen cousa parecida.
Dende logo, se aparece algún problema de agresividade, non vai ter como explicación a alimentación a base de carne sen cociñar.
MARÍA SABELL
ESPECIALISTA EN CONDUCTA ANIMAL