Arquivo para Xullo 2018

Ruta por Ponte Ledesma-Remesquide

Este domingo 29 de xullo iremos ao Concello de Boqueixón a percorrer a ribeira do río Ulla de Ponte Ledesma a Remesquide ida e volta.

A ruta será duns 15km de dificultade media e é de tipo MOBO (mochila-bocadillo), polo que polo medio do percorrido faremos unha parada para xantar.

Ponte Ledesma2

Ao final da ruta en Remesquide hai unha área recreativa donde, se nos apetece, poderémonos dar un baño no río.

Podes encontrar máis infomación sobre a ruta no seguinte enlace:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/circular-ponte-ledesma-18797766

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 27 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

17 Comentarios

Un Can na Escola

Ir a escola  debe de ser algo divertido e motivador, debemos aprender xogando. As veces as experiencias educativas non son positivas. Dan medo.  Ter discapacidade non implica non ter unha calidade educativa. O medo, a angustia  e a exclusión debemos  modificalos en experiencias inclusivas e positivas. Por eso  levamos uns meses socializando, educando e preparando un Can de Asistencia para ir á escola coa súa nena. O colexio en cuestión é o CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro.

Empezamos a traballar de este xeito porque a presenza do can no día a día da nena axúdalle a manter a calma e  esto permítelle  relacionarse nun entorno normalizado. Este proceso de capacitación  pasa por diferentes fases. A primeira, é a máis doada, incluír o can na rutina familiar. A segunda desfrutar do ocio en familia. A terceira, a adaptación do can a escola. Todo esto repercute na calidade de vida persoal, social, familiar e escolar. O proceso de adestramento do can foi sempre en positivo, no seu entorno e contando coa colaboración inestimable dos socios de “Só lles falta falar” que axudan nas aulas de educación canina, nas saídas,etc..  conseguindo  de xeito natural e espontáneo a verdadeira inclusión.

No proceso de adaptación a escola, axudarase ao profesorado, baixo a supervisión e coordinación da Especialista en Conducta Animal, ademáis de propoñer un programa escolar de contidos didácticos e pedagóxicos; neste  programa; empregaranse  os cans de soporte terapeútico como ferramenta didáctica nas diferentes etapas escolares para que os alumnos motivados alcancen as competencias básicas establecidas no  currículo educativo dun xeito organizado, motivador, práctico e efectivo. Ademáis de dotar de habilidades sociais os nenos promovendo e normalizando a interacción coa conducta natural dos cans fomentando a tenza responsable. Reforzando  a autoestima a nivel persoal dos nenos buscando a motivación para traballar e consensuar unha educación emocional de calidade que reforze o sentimento de pertenza a un grupo.

Dende “Só lles falta falar” creemos que outra forma de traballar é posible. Apostamos por unha inclusión real na escola e na sociedade. Realizar este tipo de programas e de intervencións é posible porque en “Só lles falta falar“ existe unha especialista en conducta animal acreditada coa documentación reglada e formación necesaria para realizar este tipo de intervencións terapéuticas.

Este logro, conséguese grazas aos membros de “Só lles falta falar”,  á Fundación Down Compostela e ao apoio económico da ‘Obra Social La Caixa’ dirixida pola oficina de Caixabank de Sigüeiro.

Outra forma de Convivencia É Posible!

Imaxe logo Club vede

Deixar un comentario

Orzamentos Participativos 2019 Santiago

Un ano máis presentamos a proposta no apartado das actividades de mocidade para os orzamentos participativos do Concello de Santiago para o 2019.
Prestentamos esta proposta para poder seguir difundindo a educación e a tenza responsable dos cans. A parte diso, tamén conseguir unha financiación que nos axuda a poder continuar cas actividades estables de soporte terapéutico e visitas escolares que desenrola o Club.
Temos que pasar a primeira fase e para eso necesitamos o teu apoio. Hai dúas formas:
1 – Inscribíndose na plataforma e dando o apoio á nosa proposta (abaixo enlace de compostela decide)
2 –  Enchendo o formulario de inscripción e o listado de apoios que adxunto.
Os papeis cubertos pódesnolos enviar ao Club ou envialos ti por correo a: decide@santiagodecompostela.gal
Na segunda fase só se poderá votar dende a plataforma web e presencialmente nos actos que hai preparados.
Información para votar:
– Estar empadroado en Santiago ou cursando estudos en Santiago. Se non estás empadroado e si que estás estudando en Santiago, hai que adxuntar unha copia da matrícula.
– Idade máxima 35 anos.
– data límite: 27 xullo

Deixar un comentario

Ruta do Pereiro-Sales, Vedra

Este domingo 15 de xullo iremos ao Concello de Vedra a percorrer as beiras dos ríos Saramo e Pereiro. Faremos unha variante do roterio Pereiro-Sales.

A ruta será de dificultade fácil e dunha distancia duns 7 km.

No seguinte enlace poderás encontar máis información sobre a ruta:

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-do-pereiro-salesvedra-26511583

O punto de inicio será un dos muíños donde hai unha área recreativa donde tamén xantaremos. Queda aquí debaixo o enlace para chegar co google maps:

https://www.google.com/maps/dir//Unnamed+Road,+15885+Vedra,+La+Coru%C3%B1a/@42.7872125,-8.485494,18.5z/data=!4m8!4m7!1m0!1m5!1m1!1s0xd2f00aa197972b1:0xd211e26e694e67b0!2m2!1d-8.4856367!2d42.7871318?hl=es

Recordamos que as seguintes saídas serán o 29 de xullo e o 12 de agosto.

Organización da saída:

  • Punto de encontro:
    • Hipercor de Santiago – porta principal
    • Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
  • Hora de saída:
    • Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o venres 13 de xullo.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información na web do club.

21 Comentarios

Nova páxina web e tríptico

XA TEMOS NOVA WEB!!

Só lles falta falar da a Benvida á nova páxina web. Para acceder a ela tes que teclear a seguinte dirección no teu navegador: http://www.cans.gal

A páxina é bastante sinxela e intuitiva, nela poderás encontrar os seguintes contidos:

  • Unha explicación do que é o Club e das actividades que realizamos: historia, obxetivos, roteiros, soporte terapéutico, cans rastrexadores,…
  • Enlaces ás nosas redes sociais e ao blog do Club
  • Descargar o formulario de inscripción
  • Acceso a unha galería de fotos e aos videos que temos publicados na nosa canle de Youtube.
  • Cans Aquí Sí : Seguimos traballando no listado dos lugares que admiten cans, é dicir, que teñen un distintivo no local que así o acredite e ainda que a día de hoxe hai poucos, coa axuda de todos iremos aumentando esta lista.

Portada páxina web

Á parte da web acabamos de imprimir un novo tríptico informativo no que tamén podes ver un pouco de todo que que Só lles falta falar fai, pódelo descargar no seguinte enlace:

00Tríptico Só lles falta falar

Dar as grazas aos nosos socios : Iria, Eliseu, Xiana, María e Jorge pola axuda que prestaron para a configuración do tríptico e a páxina web.

Seguimos traballando e demostrando que:

Outro modelo de convivencia é posible !!

1 comentario

A %d blogueros les gusta esto: