Arquivo para Setembro 2015
Senda Río Sisalde (Barrañán-Arteixo)_4 Outubro 2015
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 29 Setembro, 2015
Este Domingo 4 de Outubro desprazarémonos cara o Norte para visitar o Concello de Arteixo. Percorreremos a Senda do Río Sisalde en Barrañán e tamén poderemos disfrutar da praia do mesmo nome.
A comida será na Área recreativa ‘Os Barreiros’ na Parroquia de Monteagudo.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 2 de Outubro
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.
Ruta polo Concello de Rois (O Casal)_13 Setembro 2015
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas o 9 Setembro, 2015
O Domingo 13 de Setembro faremos unha ruta pola aldea do Casal e arredores no Concello de Rois.
A percorrido é duns 9 km aproximadamente e dunha dificultade baixa-media.
Despois do paseo desprazarémonos á piscina de Urdilde para comer. Ainda estamos no Verán, así que, os que vos queirades refrescar, levade traxe de baño.
Os que non saiades do Hipercor ídeo dicindo no Blog.Poñeremos nos comentarios o punto de encontro para todos os que vaiades directos.
Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres 11 de Setembro.