Arquivo para Outubro 2019
Fervenza do Toxa-Silleda
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Saídas, Sin categoría o 24 Outubro, 2019
O próximo domingo 27 de outubro irmos ao Concello de Silleda. Visitaremos a Fervenza do Toxa.
O roteiro será tipo mobo (mochila-Bocadillo). Pararemos a comer polo medio do camiño.
Distancia: sobre uns 10 km de difcultade moderada. (máis reducida que os 14km que a aparecen no track do Wikiloc).
Será circular partindo da área recreativa A Carixa (praia fluvial) e pasando pola Fervenza do Toxa.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/test-slff-fervenza-toxa-monasterio-caboeiro-41565067
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 25 de outubro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.
Curso de Rastro Outubro 2019
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Cursos o 10 Outubro, 2019
O vindeiro domingo 13 de outubro realizaremos un novo Curso de Rastro.
Horario: de 10:00 a 14:00 hrs.
Recorda que é apto para persoas sen experiencia e para os que xa rastrexaron.
Lugar : Parque Eugenio Granell. Irase alternando zona urbana con zona de monte segundo as necesidades.
Podes inscribirte aos días que poidas ou precises.
Para inscribirte, envíanos un correo a: info@cans.gal
Soporte Terapéutico con Down Compostela
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Soporte terapéutico o 9 Outubro, 2019
Como tódolos mércores os cans de Só lles falta falar e os socios e socias voluntarios que fan posible esta actividade, visitamos aos usuarios da Fundación Down Compostela para realizar traballos de Soporte Terapéutico.
No seguinte video podedes ver unha sesión de psicomotricidade ao aire libre.
Ruta Río Belelle – As Neves
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Sin categoría o 2 Outubro, 2019
O próximo domingo 6 de outubro iremos ao Concello da Capela. Ruta sinxela, curta e moi fermosa ida e volta xunto ao río Belelle, bosque atlántico dentro das inmediacións das Fragas do Eume. Faremos uns 7-8 km en total. Sombra e auga todo o camiño.
Forma parte da ruta GR-55 Ruta do Medievo de 95km desde Betanzos a San Andrés de Teixido, que utilizaban os Andrade para cobrar os tributos aos campesiños: https://caminoasanandres.com/ruta-do-medievo/
Como a cobertura no punto de inicio é moi mala, quedarameos nas Neves na AC-564 (estrada que vai de Pontedeume ás Pontes de García Rodríguez)
Punto de encontro nas Neves: https://maps.app.goo.gl/HXqmJMZxGA8cNFRi8

Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 4 de outubro.
____________________________________________
O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña realizada a proba do test de carácter. Máis información en http://www.cans.gal.