Arquivo para Novembro 2015

Fin de Semana Casa Rural Entre Arces

Estimada Xente,

como non podiamos rematar o ano doutra maneira, os próximos días 27,28 e 29 de Novembro faremos a actividade de Inverno de fin de semana.

Esta vez será na Casa Rural Entre Arces en Reigada-Ourense.Un entorno natural no Concello de Manzaneda onde de seguro que daremos toda a nosa vea aventureira.

Casa Rural Entre Arces_Manzaneda

Aquí vos deixamos o enlace onde se poderá ver todo sobre a casa e a zona.

http://www.toprural.com/Casa-rural-alquiler-%C3%ADntegro/Entre-Arces_112720_f.html

Ah, e por se fora pouco o Sábado e Domingo teremos charla técnica sobre:

‘Enterder o olfato para entender o comportamento do can’.

‘Anatomía, función e etoloxía do olfato’.

Nos comentarios desta entrada xa nos imos anotando e organizándonos para a viaxe.

 

 

31 Comentarios

Saída Por Brión_8 de Novembro 2015

O próximo Domingo 8 de Novembro faremos unha bonita ruta por Brión onde poderemos disfrutar dunhas fantásticas vistas

do Río Tambre e da Ría de Noia.

O inicio da ruta será no alto cerca do embalse do Tambre e a distancia é duns 10Km aproximadamente.

Podedes botar un ollo á ruta no seguinte enlace: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11105265

Para comer desprazarémonos á praia fluvial de Urdilde.

_MG_5742

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 6 de Novembro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

15 Comentarios