Arquivo para Xuño 2012

Saída Carboeiro

Ola a todos, xa temos lista a próxima saída do club. Desta volta achegarémonos ata o concello de Silleda onde faremos a ruta que vai dende o mosteiro de Carboeiro ata a fervenza do río Toxa.

Como de costume cada un levará algo de comida para compartir. Non esquezades que hai que levar “un pouco”  non a despensa completa!

A saída será o domingo 8 de Xullo, a ruta comeza no mosteiro e durante varios km iremos preto Ler o resto desta entrada »

, , ,

24 Comentarios

Colexios: Brion 2012

Como ven sendo habitual o club de cans de familia Só lles falta falar acode a distintos lugares para fomentar a integración dos nosos cans na sociedade así como para facer visible a achega positiva que os nosos cans poden reportar. Este pasado mes de maio acudimos ó Centro de Educación Primaria de Brión en colaboración co Centro de conducta animal María Sabell. Para todos aqueles socios que estean interesados en participar nestas actividades só tedes que poñervos en contacto ca directiva (socios@sollesfaltafalar.org) para coñecer os pasos que tedes que seguir.

A continuación tedes algunhas fotos da visita, tamén as podedes ver na nosa conta de Flickr Ler o resto desta entrada »

, , ,

Deixar un comentario

Saída Ecolóxica

O Concello de Vedra convoca para o sábado 16 de xuño unha xornada de concienciación ecolóxica chamada “Luvas verdes”, na que se pretende concienciar, limpar e atopar e marcar vertedoiros incontrolados. O Concello daríanos luvas e bolsas de lixo para ir recollendo plásticos, botellas… que atopemos na nosa andaina
O club propón unha saída ese sábado polas terras de Vedra participando nesa xornada.
Fariamos unha ruta en San Xián de Sales, a 5 Km do “Corte Inglés” Serían dúas rutas circulares máis o enlace entre ámbalas dúas duns 500 metros. Cada unha das rutas son aproximadamente 5 Km; o tempo sobre hora e media (ao ir recollendo lixo e marcando puntos de vertidos podería alongarse). Teriamos dúas posibilidades dependendo do tempo que nos leva a 1ª ruta.


1ª posibilidade. Facer a 1ª ruta e quedar a comer no río a carón do muíño (inicio da 2ª ruta), e facela pola tarde.
2ª posibilidade. Facer todo dun tirón e voltar a comer no río.


Na 1ª ruta sería un paseo polo monte con zonas de eucaliptos, piñeiros e tamén monte autóctono. Non hai case auga.
Na 2ª sería un paseo pola beira do ría e monte. Creo que é unha ruta moi bonita con moitísima vexetación autóctona e algunha carballeira impresionante Hai unhas vistas espectaculares da cidade da cultura desde o aeródromo.

Nas dúas atopariamos prados onde os cans poderían correr e desfrutar.

 

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:30 diante do Corte Inglés de Santiago.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 15 de Xuño.

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, ,

6 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: