Arquivo para Decembro 2014

Desensibilización cos nenos de Aspanaes

Nesta ocasión, mostramos unha actividade de colaboración de Só lles falta falar cos nenos do centro de Aspanaes (Asociación de pais de persoas con trastorno do espectro autista).

Para facilitar unha mellor calidade de vida destes nenos e dos seus familiares no día a día, membros de Só lles falta falar cos seus cans participan en xornadas de desensibilización cos nenos autistas para que estes lle perdan o medo aos cans.

Se estás interesado en participar nestas actividades ponte en contacto con : info@sollesfaltafalar.org

2 Comentarios

Brañas do Xestoso-Forcarei

Para despedir o ano, percorreremos o Concello de Forcarei polas Brañas do Xestoso. Así con esta actividade despediremos o ano, para despois compartir a noite na Cea de Nadal do Club.

Data: Domingo 14 de Decembro

Distancia : 11 km

Dificultade : Media – Baixa

Forcarei

15 Comentarios