Arquivo para Febreiro 2016

Ruta polo Ulla (Pontevea)_21 Feb2016

Este Domingo percorreremos as beiras do Ullas polos entornos de Pontevea.

A ruta será circular toda ó largo do río. A dificultade é baixa e a distancia duns

10 Km aproximadamente. No seguinte enlace podedes ver o percorrido da mesma.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=3551626

Ruta Pontevea

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Hipercor de Santiago.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres 19 de Febreiro.

____________________________________________

O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

12 Comentarios

Seminario Educación Canina con ‘Arco da Vella’

O próximo Domingo 14 De Febreiro a Protectora ‘Arco da Vella’ de Ferrol organiza un Seminario de Educación Canina que impartirá Só lles falta falar a cargo de María Sabell,Especialista en Conducta Animal, e que estará orientada a os propietarios de galgos, raza de can que conta con moitos abandonos e  á que está axudando e buscandolles fogar Arco da Vella.

Se non tedes galgo, non vos preocupedes, os contidos e información pódese aplicar tamén ás outras razas.Como os galgos que se adoptan veñen con moitos medos e problemas debido ao abandono e maltrato na maioría dos casos, o fin de este seminario é dotar aos propietarios de máis coñecementos para axudar aos seus cans a eliminar eses medos, evitar que se escape, en definitiva, mellorar a calidade de vida dos cans e a nosa tamén.

Panfleto informativo : Seminario de Educación Canina

Para asistir, ponte en contacto con Arco da Vella e se eres socio de Só lles falta falar, ponte en contacto connosco.

Tedes toda a iformación no cartel adxunto.

A comida custa 15€ por persoa, pero se asiste máis de unha persoa por fogar o prezo será de 8€ por persoa.

Prazas limitadas.

Seminario Arco da Vella

Nota: Pódese asistir co can, coma xa sabedes, sempre e cando poida gardar quietude e non interfira na charla.

7 Comentarios

A %d blogueros les gusta esto: