Arquivo para a categoría Grupo Rastrexadores
NON ESPERAR 24 horas en caso de persoa desaparecida.
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Grupo Rastrexadores, Xeral o 12 Agosto, 2020
Dende o Grupo de Rastrexadores de Só lles falta falar, envíannos esta información.
Dende fai tempo corre o bulo de que para avisar dunha desaparición dunha persoa hai que esperar 24 horas. Pois isto é FALSO.
Canto máis rápido se notifique a desaparición, máis probabilidades hai de encontrar ao desaparecido.
En caso de desaparición ponte en contacto ca Policía no 091, Garda Civil no 062.
Desaparecidos_Avisar-GardaCivil