Arquivo para Xaneiro 2013

Benigno Paz (II): “Calquera raza pode ser válida para un can de asistencia”

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Portada do libro Perros de asistencia, de Alison Hornsby (Kns, 2012)

Na anterior entrevista xa sinalamos que Benigno Paz tiña unha importante traxectoria coma instrutor de cans guía. Ademais, un dos últimos títulos que incorporou a editorial Kns ao seu catálogo é precisamente Perros de asistencia de Alison Hornsby. Aínda que pensemos en persoas cegas coma as beneficiarias do labor dun can, son moitos os colectivos os que se están a beneficiar do traballo dos nosos amigos. ELISEU MERA

Pregunta. Como se pode formar alguén para ser instrutor de cans guía?

Resposta. A mellor opción é marchar ao estranxeiro. En xeral, as escolas de adestramento crían elas mesmas os cans cos que traballarán, forman os instrutores e danlles logo traballo. En España só a ONCE ten capacidade de facer todo isto pero, como prepara persoal para consumo interno, só tres ou catro persoas tiveron a posibilidade de formárense nos últimos vinte e cinco anos. En Inglaterra está todo moito máis estandarizado e hai máis posibilidades formativas.

P. Ademais de apoiar as persoas cegas, que outras funcións poden cumprir os cans de asistencia? Ler o resto desta entrada »

, , , ,

Deixar un comentario

Saída Porto do Son

furnas

Ola a todos!

Para comezar ben o ano este domingo día 27 de Xaneiro  iremos ata a praia.

Iremos a percorrer a praia das Furnas en Xuño, pasearemos a praia ida e volta e xa que para ese día a marea baixa é para ás 10:32 teremos moito sitio para que os cans estean a gusto. No caso de que o tempo non acompañe buscaremos unha ruta alternativa. Atoparémonos no merendeiro da praia de Río Sierra e dende alí iremos xa todos xuntos.

Organización da saída:

  • Puntos de encontro:
    • 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
    • 10:45 Merendeiro praia Río Sierra.
  • Comida:
    • Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
  • Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
    • Data límite: ata o Venres día 25 de Xeneiro.

 O club Só lles falta falar quere recordar que para asistir ás actividades é preciso ser socio e que o noso can teña pasado o test de carácter. Máis información na web do club.

, ,

9 Comentarios

Benigno Paz (I): “Nunca imaxinei poder vivir da editorial”

As oficinas da editorial Kns instaláronse silenciosa e discretamente nun fermoso edificio da rúa do Sar, ninguén imaxinaría que alí se atopa a que moitos consideran coma a máis prestixiosa editorial de literatura canina do Estado español. Dese mesmo xeito silencioso e discreto foi medrando un proxecto que, inicialmente, tan só pretendía contribuír á difusión da obra dos máis recoñecidos especialistas internacionais. Esta é a primeira entrega dunha entrevista co seu director, Benigno Paz, que se completará cunha segunda parte, na que nos falará da súa experiencia de adestrador de cans guía. ELISEU MERA

Benigno Paz, director de Kns ediciones.

Benigno Paz, director de Kns ediciones.

Pregunta. De onde partiu a idea de crear Kns?

Resposta. Foi polo ano 98. Estaba daquela en Inglaterra e asistín a varios seminarios e cursos nos que falaban do adestramento con clicker, dos sinais de calma, lin libros coma Un cachorro en casa e pensei que, todo ese material, ou se traducía ou nunca chegaría a España. Ler o resto desta entrada »

, , , ,

Deixar un comentario

A %d blogueros les gusta esto: