O próximo Domingo 1 de Febreiro desprazámonos ó Concello de Coristanco para recorrer as beiras do río Anllóns polo Refuxio de Verdes.
Ademáis esta é unha ruta ideal para persoas que non poidan andar moito ou que leven nenos pequenos. Pódemos coller sitio nun dos muiños e ata facer lume.
Mentres o grupo fai a ruta, os que non desexen andar tanto poden quedar no muiño e pasear polos arredores.
Neste enlace poderedes encontrar máis información: http://www.galiciavirgen.es/muinos-de-verdes/

Organización da saída:
- Puntos de encontro:
- 10:00 diante do Corte Inglés de Santiago.
- 11:00 no aparcamento do Carrefour a 3 Km de Carballo dirección Fisterra (Carretera de Coristanco AC-552)
- Comida:
- Coma sempre cada quen que leve un pouco para compartir.
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o Venres día 30 de Xaneiro.
|
|
|
|
|
Gústame esto:
Gústame Cargando...