Arquivo para Agosto 2022
Próxima Saída – Domingo 28-08-2022
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Saídas o 25 Agosto, 2022
Este domingo 28 de agosto terá lugar un novo roteiro.
O lugar escollido é o río Tella en Teo, próximo a Ramallosa
O percorrido é de dificultade baixa e dunha distancia de uns 6 km
Aquí podedes ver o itinerario en Wikiloc – Percorrido da Ruta

Hai un zona onde podemos quedar a comer (hai que coller coche para chegar dende a ruta)
Organización da saída:
- Punto de encontro:
- Hipercor de Santiago – porta principal
- Indicar os que ides ao Hipercor ou directamente ao punto de inicio
- Hora de saída:
- Ás 10:00 hrs.(estaremos 15’ antes para organizar a saída)
- Para participar na saída é imprescindible apuntarse no blog do Club.
- Data límite: ata o venres 25 de agosto.
Curso de rastro mes de agosto
Publicado por Só lles falta falar, cans de familia en Actividades, Cursos o 4 Agosto, 2022
O domingo 7 de agosto teremos un novo curso de rastro.
Nesta ocasión cambiamos de sitio e temos unha nova ubicación
O curso terá lugar o carón do campo de fútbol de Ons
É preto de o lugar onde se fixeron os últimos cursos, pero por mor dunhas obras non podemos ir este fin de semana

Como é habitual a especialista en conducta animal María Sabell será a encargada de impartir as clases.
O curso e gratuito para os socios.
Os non socios podedes contactar con nos en info@cans.gal para coñecer todos os detalles